Vostede está aquíBlogues

Blogues


Refráns de decembro

As chuvias de Nadal, non fan mal.
Aí vén o mes de Nadal, que non deixe o millo sen apañar.
Bo ano, Nadal soleado.

Se a noite de Nadal hai luar, lembra ben para sementar.
Se o Nadal nada, sinal de boa anada.
Se polo Nadal neva, todo se aleda.
Tantos días de sol en Nadal como de auga en san Xoán.
Cada cousa no seu tempo, e os nabos no Advento.
Cando o Nadal nada, sinal de boa anada.
Castañas en Nadal, saben ben e prestan mal.
Decembro mollado, xaneiro xeado.
Díxolle o neno a san Xoán: de ti a min menguarán, de min a ti medrarán.
En decembro descansar e en xaneiro traballar.
En decembro moita auga, en agosto lumes.
En Nadal todas as cousas andan mal.
En Nadal, inverno a caroal (moi intenso).
Entre Nadal e xaneiro inverno verdadeiro.

Nadal e xaneiro fan o inverno enteiro.
Fías de Nadal, nin tecedeiras fan.
Friaxe no Nadal, non fai mal.
Nadal chuvioso, xaneiro ventoso.
Nadal mollado e xaneiro ben xeado.

Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas.
Nadal novo, fonda ben o arado e Nadal escuro, sementa no duro.
Nadal sen porco non veñan moitos.
Nas oitavas de Nadal o que aforra ben se val.
Nen en agosto camiñar nen en decembro navegar.
Non gabes nen desgabes até que pasen sete navidades.
No mes de Nadal, a carón da lareira vaite sentar.
No Nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote.
No Nadal, hai veces que se come pardal.
No nadal, inverno a fartar.

Por Nadal inverno a fartar.

Polo Nadal, frío cordial.
Por Santos e Nadal, o inverno caroal.

Polo Nadal cada ovella ao seu curral.
O coello por San Xoán e a perdiz por Nadal.
O día de Santa Lucía mingua a noite e medra o día. (13 decembro).

Pola Santa Lucía mingua a noite e medra o dia.

Pola Santa Lucía, some a noite e medra o día.
O que non é o día de Santa Lucía xa será outro día.

Por Santa Lucía ao salto dunha pulga medra o día.

Santa Lucía o máis pequeno dos días.

Pola Santa Lucía deita a túa galiña.

Por Santa Lucía a pata dunha galiña.

Día de Santa Lucía, enchente de auga ou de sardiña.

Os allos polo San Silvestre, nin nados nin na reste. (31 decembro)

Os allos en Nadal, nen nados nen por sementar.

O que queira ter bo allal pránteo no Nadal.
Pola Concepción ningunha galiña pon. (8 decembro)
San Silvestre, meigas fóra. (31 decembro)
Santa Vivián, mociñas no liño e vella na lan. (2 decembro)

Santo Tomé, agarra o cocho polo pé. (21 decembro)

Refráns de marzo

Marzo, marzán, pola mañán cara de rosa, pola tarde cara de can.

Marzo marzán, a mañá cara de rosa, a tarde cara de can

Marzo chuvioso, verán caluroso.

Marzo ventoso e abril caluroso, traen a maio frorido e fermoso.

Marzo marzolo, trebón e raiolo.

Marzo marzal, déixame o viño trasegar.

Marzo ben feito, patacas a eito.

Marzo amola e abril esfola.

Marzo é enganador, un día malo e outro peor.

Marzo, nen rabo de gato mollado.
Marzo pardo, abril chuvioso e maio ventoso fan o ano formoso.

Marzo chegar, tempo de enxertar.

Auga de marzo, herbanzo.

A viña de bon amo, pódase en marzo; a viña do ruín, pódase en abril.

Cando hai auga e sol en marzo, aparella as cubas e o mazo.

Cando marzo maiea, maio marcea.
Cando en marzo chove e en abril xía, queda maio feito unha criba.

Chuvia en marzo, nin o mexo dun rato.
Cobras en marzo, neve en abril.

En marzo espingarzo.

Entre marzo e abril, sae o cuco do cubil.

Entre marzo e abril o cuco ha de saír; se ós tres meses non volveu, é porque morreu.

Se marzo acabou e o cuco non chegou, algo ó cuco lle pasou.

Se en marzo non canta o cuco, nin en abril a bubela e a ruliña non rulea, má colleita se espera.

Se por San Xosé a bubela non vén, catala morta ou algo ten.

Se por marzo canta a rá, por maio xa calará.

Nas tardes de marzo recolle o teu gando.

No marzo, abrigo, noces e pantrigo.

Nin marzo con flores, nin moza sen amores.

No marzo aínda hai lama no pazo.

O que en marzo non poda a súa viña, perde a vendima.

O sol de marzo queima as donas no seu pazo.

Pan para maio e leña para abril, e o mellor cepón para marzo compón.

Quen en marzo non fende, en abril non estende.

Quen teña forza no brazo, cave e pode en marzo

Polo San Pedro de Cuadrela, sae a cóbrega de debaixo da terra.

O vinte e cinco de marzo, entra a merenda e máis o descanso.

San Raimundo trae a anduriña do outro mundo.

Refráns de febreiro

Xaneiro escabroso, febreiro amoroso.
Xaneiro xeadeiro,febreiro grileiro.
Xaneiro xiadeiro, febreiro fervedeiro, marzo pelarzo, abril co día no cubil.

Xaneiro añeiro, e febreiro cabriteiro.

Aproveite ben febreiro quen mal folgou en xaneiro.

Abrígate por febreiro con dúas capas e un sombreiro.
En febreiro busca a sombra o can; en marzo o can e o dono.
En febreiro, sete capas e un sombreiro.
En febreiro garda a leña no leñeiro.
En febreiro limpan o cu no palleiro.
En febreiro mete obreiro, antes no derradeiro que no primeiro.
En febreiro mete obreiro, pan che comerá pro traballo che fará.
En febreiro nin can, nin cadela nin sombreiro.
En febreiro saca o boi do teu centeo.
En febreiro sae o oso do oseiro.
En febreiro, sardiñas no fumeiro.
En febreiro sete lobos ao carreiro.
En febreiro sete lobos ao carreiro.
En febreiro, un pouco ao sol e outro ao fumeiro.
En febreiro, un día ó sol e outro ó braseiro.
Entre xaneiro e febreiro, inverno verdadeiro.

A castaña e o besugo en febreiro están en zugo.

Febreiro camiseiro, nin boa meda nin bo palleiro.
Febreiro currusqueiro, marzo ventoso, abril chuvioso, maio louro cuberto de ouro.
Febreiro, felerpeiro.
Febreiro febroso, marzo, ventoso.
Febreiro lardeiro.
Febreiro mollado, maio soleado.
Febreiro moliñeiro; marzo ventoso; abril chuvioso, maio louro, cuberto de ouro.
Febreiro ventoleiro, cada suco seu regueiro.
Febreiro tasqueiro, nin boa meda nin bo palleiro.
Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira.


A chuvia en febreiro fai o palleiro.

Auga de febreiro, enche o cabaceiro.

Auga en febreiro, mellor que en xaneiro.

En febreiro corre a auga por calquera regueiro.

En febreiro, por cada rego un caneiro.

Cando chove en febreiro todo ano é temporeiro.

Se chove en febreiro, nen trigo nen centeo.

Se non chove en Febreiro, nin bo prado, nin bo centeo, nin bo lameiro.
Se non chove en febreiro, van as pipas ao fumeiro.

 

A neve febreiriña vaise axiña.

Neve febreiriña, pícaa a galiña.

Neve febreiriña, tarde ven e logo camiña.
Neve febreiriña, tarde ven e axiña camiña.

Dure a mala veciña o que a neve febreiriña.


Se febreiro non febreirea, marzo non marcea.

Come máis pan un día de sol de febreiro que os cabalos de todo o reino.

Mal ano espero, se en febreiro anda en mangas de camisa o xornaleiro.

Un día bo en febreiro é un ladrón no eido.

Febreiriño a ferverexar e a espurritiña do trigo a medrar.
Febreiriño corto cos seus vinteoito, se tivera máis catro non paraba can nin gato, nin abella no burato.

Febreiro corzo, cos seus vinte e oito, se durara máis catro, non quedaba can, nin rato no seu burato.

No mes de febreiro co cu no mesote e cos pés no braseiro.
No mes de febreiro sube ao outeiro: se ves reverdear ponte a chorar, e se ves branquear ponte a cantar.
Se en febreiro quente estás, en Semana Santa tiritarás.

Se en febreiro estiveche quente, na Pascua baterás o dente.
O febreiro, nen de tarde nen de mañá ten formalidade.
Ó sol sen sombreiro, nin en agosto, nin en febreiro.
Ten o inverno por pasado se ves a febreiro empapado.


A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa.

Cando a Candeloria chora, a metade do inverno vai fora.

Se a Candeloria chora, metá do inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, metá do inverno está por pasar.

Pola Candeloria metá do inverno vai fóra, se chove ou venta, inda entra.
Pola Candeloria cásan os paxariños e vaise a galiñola.
Brais, lávate e comerás, e dispois de ben lavado, non comerás bocado.
Mira, Brais, por onde vas, e coida ben o que fas.
Por San Brais, dúas horas máis.
San Brais da barca que afoga e non mata.
Día de S. Brais , hora e media mais, e o que ben lle contou, dúas horas lle encontrou.

Polo San Valentiño a amendoeira esbrocha o grumiño.

Refráns de xaneiro

Xaneiro mollado, febreiro transtornado.

Xaneiro quente trae o demo no ventre.

Xaneiro xiado e abril mollado, enchen o faiado.

Xaneiro xiadeiro, febreiro grileiro.

Xaneiro frío o atemperado pásao arroupado.

No mes de xaneiro pon os pés no braseiro.

 

A auga de xaneiro, cada gota vale un diñeiro.

A auga de xaneiro, todo o ano ten tempero.

A auga no mes de xaneiro  mata ó usureiro.

Cando chove en xaneiro non hai nin bo prado nin bo lameiro.

Moita chuvia en xaneiro, pouca anada no cabeceiro.

Poucas chuvias en Janeiro enchen o canleiro.

Cando as ras cantan no xaneiro, sinal de fame no eido.

Tronos en xaneiro, mortandade no reino.

Un bo día en xaneiro é un lobo no quinteiro.

Un bo día en xaneiro, mao no eido.

En xaneiro visita o outeiro; se ves verdegar ponte a chorar, se ves terrexar ponte a cantar.

 

Amor, o primeiro, e lúa, a de xaneiro.

Coa lúa de xaneiro vese a formiga no carreiro.

 

En xaneiro a raia sabe a carneiro.

En xaneiro sabe a verza vella a carneiro.

Verzas en xaneiro, saben coma carneiro.

Por xaneiro o ferreiro vale carneiro.

En decembro descansar, en xaneiro traballar.

En xaneiro, mellor carballo que castiñeiro.

En xaneiro pon o alleiro.

Se queres ter bo alleiro, pon o allo no mes de xaneiro.

A flor de xaneiro non chega ao froiteiro.

Quen colle a aceitona antes de xaneiro deixa o aceite no oliveiro.

Queimemos o loureiro no mes de xaneiro.

No minguante de xaneiro corta o teu madeiro.

Polo xaneiro verán, nin palla nin gran.

A sardiña no xaneiro cúspelle a barba a un mariñeiro.

O pito de xaneiro coa súa nai sobe ó poleiro.

En xaneiro nin galgo leboreiro nin falcón perdigueiro.

En xaneiro xa a abella pon os pés no salgueiro.

En xaneiro xiadeiro non ha faguer a ovella máis pisada ca no rigueiro.

 

Entre nadal e xaneiro, inverno verdadeiro.

Entre xaneiro e febreiro, inverno verdadeiro.

Nadal e febreiro fan o inverno enteiro.

Tantos días de sol en xaneiro, tantos de choiva en San Xoán.

 

Polo San Xian medra o día un pasiño de can.

Polo San Vicente ten o día unha hora máis, metade pola mañá, metade polo serán.

Polo San Vicente perde o inverno un dente.

Polo San Vicente planta os nabos da semente.

Polo San Sebastián coñece o día o pailán.

San Xian: 9 de xaneiro. San Vicente: 22 de xaneiro.

MANIFESTO

MANIFESTO

A todas as plantas agradecidos estamos:

debémoslle as nosas vidas,

pois dannos o osíxeno que respiramos

e os alimentos que tomamos.

Pero polas árbores ... o noso amor é especial!

 

As árbores dannos unha morea de froitos:

as laranxas e limóns, os figos e as cereixas,

as mazás e as peras, os pexegos e as ameixas

... e as castañas dos nosos Magostos!

 

Tamén nos dan a madeira dos nosos mobles

e as portas das nosas casas,

a leña que nos quenta nos invernos duros

e os ramos da Semana Santa,

o papel dos xornais, dos libros e libretas

e cando escribimos unha carta.

 

Dan sombra en verán ao camiñante,

dan acubillo do frío aos paxariños,

e a centos doutros animaliños.

E ademais e non menos importante:

dannos compañía ... e dannos beleza

 

Por iso todos xuntos:

GRAZAS ÁRBORES!

COIDEMOS A NATUREZA!

Naturais

AUGA, AIRE E SOLO

A auga  http://procomun.educalab.es/es/ode/view/1416349677159 

Importancia da auga  http://procomun.educalab.es/es/ode/view/1416349693808 

Auga, ben comun  http://procomun.educalab.es/es/ode/view/1416349610585 

O solo  http://procomun.educalab.es/es/ode/view/1416349651254 

Rochas e minerais  http://procomun.educalab.es/es/ode/view/1416349640687 

As minas  http://procomun.educalab.es/es/ode/view/1416349675515 

Os volcáns  http://procomun.educalab.es/es/ode/view/1416349613840 

Contaminación   http://procomun.educalab.es/es/ode/view/1416349687012

 

ANIMAIS 

Animais de Galicia  https://gl.wikipedia.org/wiki/Fauna_de_Galicia

Lista de aves de Galicia.  https://gl.wikipedia.org/wiki/Lista_de_aves_de_Galicia

Aves en Galicia.  http://avesengalicia.blogspot.com.es/

 

CORPO HUMANO

Corpo humano   http://procomun.educalab.es/es/ode/view/1416349614323 

O esqueleto  http://procomun.educalab.es/es/ode/view/1416349626247

Columna vertebral  http://procomun.educalab.es/es/ode/view/1416349692031 

As articulacións  http://procomun.educalab.es/es/ode/view/1416349662412 

Os sentidos  http://procomun.educalab.es/es/ode/view/1416349629623 

A coordinación motora  http://procomun.educalab.es/es/ode/view/1416349687753 

Os músculos   http://procomun.educalab.es/es/ode/view/1416349663715

Aparato respiratorio  http://procomun.educalab.es/es/ode/view/1416349693681

Aparato excretor  http://procomun.educalab.es/es/ode/view/1416349623743

 

ENERXÍA 

A enerxía  http://procomun.educalab.es/es/ode/view/1416349694302

 

PLANTAS

Plantas  http://procomun.educalab.es/es/ode/view/1416349676894 

Árbores de Galicia LIM  http://chiscos.net/almacen/lim/arbores6/arbores.html

Árbores senlleiras de Galicia  https://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%81rbores_senlleiras_de_Galicia 

Árbores Arbustos de Galicia  http://www.jrcasan.com/apinguela/Plantas/gallegport/gallegportu.htm