Vostede está aquíBlogues / blogue de osvaldoguia / Refráns de decembro

Refráns de decembro


By osvaldoguia - Posted on 30 Novembro 2022

As chuvias de Nadal, non fan mal.
Aí vén o mes de Nadal, que non deixe o millo sen apañar.
Bo ano, Nadal soleado.

Se a noite de Nadal hai luar, lembra ben para sementar.
Se o Nadal nada, sinal de boa anada.
Se polo Nadal neva, todo se aleda.
Tantos días de sol en Nadal como de auga en san Xoán.
Cada cousa no seu tempo, e os nabos no Advento.
Cando o Nadal nada, sinal de boa anada.
Castañas en Nadal, saben ben e prestan mal.
Decembro mollado, xaneiro xeado.
Díxolle o neno a san Xoán: de ti a min menguarán, de min a ti medrarán.
En decembro descansar e en xaneiro traballar.
En decembro moita auga, en agosto lumes.
En Nadal todas as cousas andan mal.
En Nadal, inverno a caroal (moi intenso).
Entre Nadal e xaneiro inverno verdadeiro.

Nadal e xaneiro fan o inverno enteiro.
Fías de Nadal, nin tecedeiras fan.
Friaxe no Nadal, non fai mal.
Nadal chuvioso, xaneiro ventoso.
Nadal mollado e xaneiro ben xeado.

Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas.
Nadal novo, fonda ben o arado e Nadal escuro, sementa no duro.
Nadal sen porco non veñan moitos.
Nas oitavas de Nadal o que aforra ben se val.
Nen en agosto camiñar nen en decembro navegar.
Non gabes nen desgabes até que pasen sete navidades.
No mes de Nadal, a carón da lareira vaite sentar.
No Nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote.
No Nadal, hai veces que se come pardal.
No nadal, inverno a fartar.

Por Nadal inverno a fartar.

Polo Nadal, frío cordial.
Por Santos e Nadal, o inverno caroal.

Polo Nadal cada ovella ao seu curral.
O coello por San Xoán e a perdiz por Nadal.
O día de Santa Lucía mingua a noite e medra o día. (13 decembro).

Pola Santa Lucía mingua a noite e medra o dia.

Pola Santa Lucía, some a noite e medra o día.
O que non é o día de Santa Lucía xa será outro día.

Por Santa Lucía ao salto dunha pulga medra o día.

Santa Lucía o máis pequeno dos días.

Pola Santa Lucía deita a túa galiña.

Por Santa Lucía a pata dunha galiña.

Día de Santa Lucía, enchente de auga ou de sardiña.

Os allos polo San Silvestre, nin nados nin na reste. (31 decembro)

Os allos en Nadal, nen nados nen por sementar.

O que queira ter bo allal pránteo no Nadal.
Pola Concepción ningunha galiña pon. (8 decembro)
San Silvestre, meigas fóra. (31 decembro)
Santa Vivián, mociñas no liño e vella na lan. (2 decembro)

Santo Tomé, agarra o cocho polo pé. (21 decembro)