Vostede está aquíBlogues / blogue de osvaldoguia / Refráns de xaneiro

Refráns de xaneiro


By osvaldoguia - Posted on 25 Novembro 2022

Xaneiro mollado, febreiro transtornado.

Xaneiro quente trae o demo no ventre.

Xaneiro xiado e abril mollado, enchen o faiado.

Xaneiro xiadeiro, febreiro grileiro.

Xaneiro frío o atemperado pásao arroupado.

No mes de xaneiro pon os pés no braseiro.

 

A auga de xaneiro, cada gota vale un diñeiro.

A auga de xaneiro, todo o ano ten tempero.

A auga no mes de xaneiro  mata ó usureiro.

Cando chove en xaneiro non hai nin bo prado nin bo lameiro.

Moita chuvia en xaneiro, pouca anada no cabeceiro.

Poucas chuvias en Janeiro enchen o canleiro.

Cando as ras cantan no xaneiro, sinal de fame no eido.

Tronos en xaneiro, mortandade no reino.

Un bo día en xaneiro é un lobo no quinteiro.

Un bo día en xaneiro, mao no eido.

En xaneiro visita o outeiro; se ves verdegar ponte a chorar, se ves terrexar ponte a cantar.

 

Amor, o primeiro, e lúa, a de xaneiro.

Coa lúa de xaneiro vese a formiga no carreiro.

 

En xaneiro a raia sabe a carneiro.

En xaneiro sabe a verza vella a carneiro.

Verzas en xaneiro, saben coma carneiro.

Por xaneiro o ferreiro vale carneiro.

En decembro descansar, en xaneiro traballar.

En xaneiro, mellor carballo que castiñeiro.

En xaneiro pon o alleiro.

Se queres ter bo alleiro, pon o allo no mes de xaneiro.

A flor de xaneiro non chega ao froiteiro.

Quen colle a aceitona antes de xaneiro deixa o aceite no oliveiro.

Queimemos o loureiro no mes de xaneiro.

No minguante de xaneiro corta o teu madeiro.

Polo xaneiro verán, nin palla nin gran.

A sardiña no xaneiro cúspelle a barba a un mariñeiro.

O pito de xaneiro coa súa nai sobe ó poleiro.

En xaneiro nin galgo leboreiro nin falcón perdigueiro.

En xaneiro xa a abella pon os pés no salgueiro.

En xaneiro xiadeiro non ha faguer a ovella máis pisada ca no rigueiro.

 

Entre nadal e xaneiro, inverno verdadeiro.

Entre xaneiro e febreiro, inverno verdadeiro.

Nadal e febreiro fan o inverno enteiro.

Tantos días de sol en xaneiro, tantos de choiva en San Xoán.

 

Polo San Xian medra o día un pasiño de can.

Polo San Vicente ten o día unha hora máis, metade pola mañá, metade polo serán.

Polo San Vicente perde o inverno un dente.

Polo San Vicente planta os nabos da semente.

Polo San Sebastián coñece o día o pailán.

San Xian: 9 de xaneiro. San Vicente: 22 de xaneiro.