Vostede está aquíErasmus +

Erasmus +


Imaxes da nosa primeira mobilidade: Escocia

Unha vez rematada a mobilidade é momento para analizar todo o vivido e aprendido neste 11 días de activo traballo. Temos como proposta amosarlle ao alumnado e ao profesorado todo o que involucrou a nosa viaxe tanto a nivel persoal coma profesional (que vos podemos asegurar que foi impresionante). Aínda que as actividades da nosa academia se prolongaron moito no tempo e as estancias nos colexios foron moi intensas, sempre intentamos sacar un pouco de tempo para poder coñecer este fermoso país coa axuda de Ardemiro. Agardamos que vos guste!

 

 

Dirección Edimburgo

O pasado venres os mestres que participan no erasmus +, Rocío e Álex, realizaron unha presentación de Edimburgo para  aos alumnos de 3º,4º,5º e 6º,  xa que este é o destino da súa primeira mobilidade ( que terá lugar o 19 de outubro),  nela puideron ver onde está localizada, pratos e deportes típicos así como a súa música tradicional de Edimburgo.

Presentation of our School to the school partners

Como parte do noso proxecto Erasmus+, imos a presentar a nosa escola ás escolas que van a convidarnos a facer Job Shadowing (observación directa) nas súas aulas. Enjoy it!

 

Reunión preparativa da primeira mobilidade: Edimburgo

O xoves 3 de Outubro despois das nosas clases, Rocío, Antonio e Álex desprazáronse ata o CAFI en Santiago de Compostela para acordar determinados aspectos desta primeira mobilidade. Cómpre salientar que o período que abrangue a viaxe será dende o sábado 19 ate o mércores 30 ambos incluídos e que comezaremos cun curso intensivo en Edimburgo e posteriormente mudarémonos a Dundee para facer a observación directa en centros educativos. 

A acta do acordado podemos vela abaixo. 

Reunión inicial

O 3 de xullo, reuníronse no CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) os centros educativos participantes no proxecto (o CRA de Oroso, o CEIP Camiño Inglés, o IES nº1 de Ordes, o IES Maruxa Mallo e o CEIP Mesón do Vento), decidíronse os pasos a seguir e obxectivos a acadar, ao igual que se informou da programación das mobilidades.

 

No documento adxunto podedes ver a programación de todo o proxecto:

 

Viaxamos a Murcia para o VI Encontro de proxectos Erasmus KA101

Como xa citamos anteriormente, estivemos como representantes do proxecto aprobado no VI Encontro dos proxectos de Erasmus+ KA101 de Murcia. 

Podemos dicir que foron días dunha gran carga de traballo e de tomar un pouco conciencia de todo o que implica formar parte dun proxecto tan ilusionante. 

 

Os materiais do encontro podédelos atopar na seguinte ligazón buscando por xuño de 2019 e Murcia: http://sepie.es/comunicacion/jornadas/index.html

 

Un breve resumo do mesmo témolo no documento adxunto.

Erasmus+ CONCEDIDO!

Comprácenos anunciarlles que para o vindeiro curso académico foi concedido o proxecto de Erasmus+:

"CLICK and CLIL, na procura da chiscadela".

En este proxecto, no cal participaremos xunto con 4 colexios e institutos da contorna, os mestres Alejandro Varela e Rocío Souto terán 3 estancias repartidas ao longo de ano e medio en diferentes países da Unión Europea (estando estes pendentes de determinar). O proxecto ten como obxectivo a mellora da competencia lingüística así como da metodoloxía CLIL (metodoloxía bilingüe utilizada nas materias de Educación Física e Educación Musical).

A continuación mostramos o enlace da resolución:

http://www.sepie.es/convocatoria/resoluciones.html 

 Para comezar a mergullarnos neste proxecto, o vindeiro domingo 26 de xuño o mestre Alejandro Varela viaxará a Murcia ao VI ENCONTRO NACIONAL DE PROXECTOS DE ACCIÓN CLAVE 1(KA1) MOVILIDADE PARA A APRENDIZAXE DO PERSOAL DE EDUCACIÓN ESCOLAR (KA101)  E DE EDUCACIÓN DE PERSOAS ADULTAS (KA104).