Vostede está aquíErasmus+ CONCEDIDO!

Erasmus+ CONCEDIDO!


Comprácenos anunciarlles que para o vindeiro curso académico foi concedido o proxecto de Erasmus+:

"CLICK and CLIL, na procura da chiscadela".

En este proxecto, no cal participaremos xunto con 4 colexios e institutos da contorna, os mestres Alejandro Varela e Rocío Souto terán 3 estancias repartidas ao longo de ano e medio en diferentes países da Unión Europea (estando estes pendentes de determinar). O proxecto ten como obxectivo a mellora da competencia lingüística así como da metodoloxía CLIL (metodoloxía bilingüe utilizada nas materias de Educación Física e Educación Musical).

A continuación mostramos o enlace da resolución:

http://www.sepie.es/convocatoria/resoluciones.html 

 Para comezar a mergullarnos neste proxecto, o vindeiro domingo 26 de xuño o mestre Alejandro Varela viaxará a Murcia ao VI ENCONTRO NACIONAL DE PROXECTOS DE ACCIÓN CLAVE 1(KA1) MOVILIDADE PARA A APRENDIZAXE DO PERSOAL DE EDUCACIÓN ESCOLAR (KA101)  E DE EDUCACIÓN DE PERSOAS ADULTAS (KA104).

Etiquetas