Vostede está aquíMúsica

Música


Actividades MUSICA 5º E 6º PRIMARIA ( semana 11/05)

Ola a tod@s, comezamos esta semana con un repaso dos instrumentos de vento, déixovos adxuntado ao final desta publicación os apuntes que vos dín na clase,  por se os tedes no cole, así podedes velos ou descargalos de novo.

Ademais, imos a repasar os compases musicais, para esto déixovos a continuación un vídeo no que os explica para refrescar a memoria: vídeo repaso compases musicais

 

ACTIVIDADES

1. Escoita o seguinte vídeo e intenta adiviñar que instrumento de vento madeira está sonando para cubrir despois o formulario, se tedes algún problema e non podedes escoitalo deixade esa pregunta en branco e xa sei eu que é por un erro no vídeo:

Vídeo de discriminación auditiva

 2. Lembrádevos de ir repasando a canción de frauta os que a teñades na casa, se non a tedes porque está no cole non vos preocupedes!!;D

Unha vez que repasastes ao anterior, podedes cubrir o formulario desta semana, ánimo que estou segura que vos vai sair xenial!!=)

FORMULARIO MUSICA 5º e 6º

 

Saúdos para tod@s!!=)

Actividades MUSICA 3º E 4º PRIMARIA ( semana 11/05)

Ola a tod@s, para esta semana vouvos a propoñer o seguinte, que vos parece se repasamos os instrumentos de percusión determinada/indeterminada e os compases?

REPASO INSTRUMENTOS DE PERCUSION DETERMINADA E INDETERMINADA: para repasalos podesw ver o seguinte vídeo: vídeo instrumentos de percusión

Ademais dos instrumentos, lembrádesvos dos compases? Aquí podedes refrescar a memoria para ver que eran: Os compases musicais

ACTIVIDADES

1. Observa os seguintes instrumentos para despois responder ao formulario desta semana:

 

2. Realiza este xogo online para repasar os compases:  Buscando ao intruso

3. Escoita o seguinte vídeo apra ver se das discriminado que instrumento está soando, non ides ver nada na imaxe só escoitar, se por algún motivo tedes problema, non vos preocupedes deixade sen responder esa pregunta xa que a semana pasada deu algún erro, en principio está resolto, pero se aínda persiste non pasa nada por deixar en branco a resposta, xa sei eu que é por un fallo no vídeo:

Discriminación auditiva

4. Lembrádevos de ir repasando a canción de frauta os que a teñades na casa, se non a tedes porque está no cole non vos preocupedes!!;D

Unha vez repasado ao anterior, xa estades listos para cubrir o formulario desta semana, ánimo e a acertar as máximas respostas posibles:

FORMULARIO 3º e 4º

Saúdos a tod@s!!=)

 

Actividades MUSICA INFANTIL ( semana 11/05)

Ola a tod@s, continuamos unha semaniña máis con algúns recursos para que os nenos e nenas poidan facer algo de música, esta semana déixovos unha canción, un baile e un pouco de percusión corporal, para continuar adquirindo o ritmo, espero que vos gusten e a seguir traballando así de ben!!=)

(Clicade directamente e xa vos leva á ligazón):

Canción " Una vez me encontré"

 

El baile del Hokey pokey 

 

Percusión corporal

 

Moitos biquiños para tod@s!!=)

 

Actividades MUSICA 5º E 6º PRIMARIA ( semana 04/05)

Ola a tod@s, continuamos unha semana máis dende música, desta vez vouvos a deixar algunha teoría para repasar e un formulario para cubrir, que o encontraredes ao final desta publicación.

TEORIA

VIDEO REPASO DOS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN E DE VENTO

 

REPASO DOS MATICES MUSICAIS

 

ACTIVIDADES

1. Escoita os seguintes instrumentos para poder cubir despois o formulario. (clicade directamente en discriminación auditiva e xa vos leva os sons)

Discriminación auditiva

 

2. Canción de frauta: Podedes repasar a canción de frauta os que a teñades na casa, se queredes enviádeme un vídeo ou audio de como vos vai saíndo ao meu correo, para ver como vai e decirvos cousas para mellorar, de todas formas déixovos aquí as cancións de frauta coa partitura e o audio para que vos sexa máis fácil estudiala, os que non tedes a frauta na casa porque está no cole non vos preocupedes:

CANCIÓN 5º: PIRATAS DEL CARIBE

CANCIÓN 6º: EL REY LEON

Unha vez que repasedes a teoría, cubride o formulario. 

Para cubrilo clicade directamente en formulario música 5º e 6º 

-Poñer o correo gmail dun dos vosos pais para poder acceder

-Poñer o nome do alumn@

-Cubrir o formulario ( as respostas chéganme directamente a min ao envialo e vos podedes nese mesmo momento ver as respostas correctas e erróneas)

-Enviar

FORMULARIO MUSICA 5º E 6º

 

Saúdos a tod@s

Actividades MUSICA 3º E 4º PRIMARIA ( semana 04/05)

Ola a tod@s, continuamos con algo de música, desta vez vouvos a deixar algunha cousiña de repaso e unha vez que as repasedes, cubride o formulario que aparece abaixo:

TEORÍA DE REPASO

-VÍDEO DE REPASO: OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN

 

-AS FIGURAS E OS SILENCIOS: na clase estivemos vendo as figuras e os silencios, o seu nome e o seu valor, déixovos unha táboa de repaso:

 

ACTIVIDADES


1. Observa os seguintes instrumentos de percusión indeterminada, para despois responder ao cuestionario:

2. Xogos interactivos para repasar as figuras musicais e os seus valores  (clicade directamente no nome e xa ides ao enlace)

-Figuras musicais

-Valores das figuras

3. Escoitade os seguintes instrumentos de percusión indeterminada para logo responder ao cuestionario:  (clicade directamente en discriminación auditiva e xa vos leva ao audio)

Discriminación auditiva 

 

4. Repasar a canción de frauta. Os que teñades a frauta e poidades practicar un pouquiño a canción, podedesme mandar un vídeo ou audio de como o facedes ao meu correo, por se tedes algunha dúbida e para correxir erros que poidades ter, déixovos os enlaces as vosas cancións coa partitura e audio para que vos sexa máis fácil estudiala, os que non tedes a frauta na casa porque está no cole, non vos preocupedes:

-Canción frauta 3º: Un ratón me persigue

-Canción frauta 4º: Guateque

Unha vez repasada a teoría anterior  CUBRIDE O SEGUINTE FORMULARIO:

Para cubrir o formulario tedes que clicar directamente donde pon formulario musica 3º e 4º primaria

-Poñer o correo gmail dun dos pais do alumn@ para acceder

-Escribir o nome do alumn@

-Cubrir o formulario ( as respostas chegaranme no momento que o enviedes directamente a min e vos podedes ver nese momento as preguntas que están ben e mal)

-Enviar

 

Formulario musica 3º e 4º Primaria

 

Saúdos a tod@s

 

Actividades MUSICA INFANTIL ( semana 04/05)

Ola a tod@s, continuamos unha semana máis con algunhas cousiñas de música que podedes ir facendo , que nos toca desta vez? Vouvos a deixar unha canción, un baile e un conto musical.

1. A canción titúlase "La orquesta" nela aparecen moitos animais tocando diferentes instrumentos, algúns deles seguro que vos sonan porque os temos na clase de música, asique atentos e a ver cantos recoñecedes, podedes cantar a canción e levar o ritmo coas palmas.

2. Aquí tedes un baile moi chulo titulado "yo me muevo hacia delante", nesta canción podedes movervos dun lado cara o outro, ides vendo o vídeo e facemos os xestos como se estivesemos na clase, ánimo e a mover o corpo!!=)

 

3. Por último para esta semana, temos un conto musical cantado,"Heiche de contar un conto", vai contando unha historia cantándoa e vendo os debuxos asociados a ela, asique podemos escoitar o conto e como non cantalo todos na casa.

Ánimo e que a música non pare!!;D

 

Saúdos e biquiños a tod@s

Actividades MÚSICA 5º e 6º PRIMARIA (semana 20/04)

Ola a todos e todas, espero que estedes todos ben. Vouvos a deixar unhas cousiñas de música para repasar contidos vistos na clase, deixareivos sobre 2 semanas e logo colgarei algún máis, para non agobiarvos e que vos de tempo a facer os retos de Ardemiro, que estou segura que algún máis de vos se unirá.

Imos a ver algúns compositores importantes con un xogo de memoria, un memory:  GRANDES COMPOSITORES

 

TERMOS DE TEMPO

 

LEMBRÁDEVOS REPASAR A CANCIÓN DE FRAUTA:

CANCIÓN DE 5º

CANCIÓN DE 6º

 

Actividades MÚSICA 3º e 4º (semana 20/04)

Ola a todos e todas, espero que estedes todos ben. Vouvos a deixar algunhas actividades para repasar cousas de música, deixarei sobre díúas semanas e logo poñerei algunha outra, para que así poidades continuar facendo os retos de Ardemiro, que xa sei que os estades facendo xenial, ide facéndoas sen agobiarse.

En primeiro lugar déixovos un vídeo que repasa os instrumentos de música:

INSTRUMENTOS MUSICAIS

Clicade directamente e xa vos envía ao enlace:

Musicograma MARCHA RADESKY 

Que instrumento soa?

Lembrádevos de repasar a canción de frauta:

CANCION DE 3º

CANCION DE 4º

Actividades MUSICA INFANTIL ( semana 20/04)

Ola a todos e todas, espero que estedes todos ben e dende a materia de música vouvos a deixar algunhas actividades, irei poñendo cada dúas semanas para uqe as poidades facer sen agobios e divertíndonos. 

Propóññovos facer o seguinte baile titulado " levantando las manos", clicades no nome e xa vos leva directamente ao enlace.

LEVANTANDO LAS MANOS 

Ademais dese baile tan movidito déixovos unha canción que podedes practicar con todos os da casa:

CANCIÓN " LA CARRERA MUSICAL"  

Por último e non por iso menos importante, xa sei que tedes unhas maracas súper chulas feita nos Ardemiro´s Games, pois imos darlle uso acompañando a seguinte canción a ritmo de maraca:

ACOMPAÑAMOS A CANCIÓN COAS NOSAS MARACAS

Información actividades de música para INFANTIL e PRIMARIA

Ola a tod@s, gustaríame compartir con tod@s vós un vídeo gravado este fin de semana por varios membros da banda de música municipal de Silleda, a miña banda, que está  aparecendo en varios canais de televisión e internet, para que vexamos o valor da música aínda sen poder  estar xuntos.

A canción titúlase " resistiré" espero que vos dé máis enerxía aínda para afrontar estes días.

Unha vez escoitado, como tarefa para música, podedes apuntar nun papel qué instrumentos de vento madeira aparecen, recoñecedes algún instrumento de vento metal? E de percusión? 

Cando volvamos a clase xa analizamos as vosas respostas!!;D

VÍDEO "RESISTIRÉ"