Vostede está aquíActividades MUSICA INFANTIL ( semana 04/05)

Actividades MUSICA INFANTIL ( semana 04/05)


Ola a tod@s, continuamos unha semana máis con algunhas cousiñas de música que podedes ir facendo , que nos toca desta vez? Vouvos a deixar unha canción, un baile e un conto musical.

1. A canción titúlase "La orquesta" nela aparecen moitos animais tocando diferentes instrumentos, algúns deles seguro que vos sonan porque os temos na clase de música, asique atentos e a ver cantos recoñecedes, podedes cantar a canción e levar o ritmo coas palmas.

2. Aquí tedes un baile moi chulo titulado "yo me muevo hacia delante", nesta canción podedes movervos dun lado cara o outro, ides vendo o vídeo e facemos os xestos como se estivesemos na clase, ánimo e a mover o corpo!!=)

 

3. Por último para esta semana, temos un conto musical cantado,"Heiche de contar un conto", vai contando unha historia cantándoa e vendo os debuxos asociados a ela, asique podemos escoitar o conto e como non cantalo todos na casa.

Ánimo e que a música non pare!!;D

 

Saúdos e biquiños a tod@s