Vostede está aquíVarios

Varios


Concurso de bólas de Nadal

  AECOR coa colaboración do Concello de Ordes e a Consellería de Economía e Industria convoca un Concurso de bólas de Nadal no que poden participar todos os nenos e nenas da Comarca de Ordes que teñan entre 3 e 12 anos. Haberá importantes premios. Premede aquí para ver as bases do concurso e aquí para ver o cartel completo.

Carreira contra a Leucemia

O CEIP Mesón do Vento colaborará coa Fundación "Uno entre cien mil" na 6ª carreira solidaria contra a leucemia infantil que celebraremos o luns 2 de novembro. Aquí tedes unha carta do presidente da fundación onde vos agradece o voso apoio.

CARTA FUNDACIÓN UNO ENTRE CIEN MIL

3ª Avaliación

  Queridas familias:

  Debido a que o estado de alarma se prolonga, en vistas á 3ª avaliación queremos saber o seguinte:

- Se a aplicación Abalar Móbil lles está funcionando.

- Se todos/as dispoñen na súa casa dun ordenador con conexión a Internet.

- Se ademais dispoñen dunha impresora para poder imprimir o material.

- Prégase comuniquen ao correo do centro as carencias para intentar buscar unha solución: ceip.meson.vento@edu.xunta.es

Ánimo e forza

O Equipo Directivo

Aviso importante

AXUDA PARA ALUMNOS USUARIOS DO COMEDOR

  As familias do alumnado que é usuario gratuíto ou semigratuíto (1 €) do comedor escolar poden solicitar unha axuda durante este tempo de suspensión de clases. Para saber como facelo, premede AQUÍ. Se queredes ver o DOG onde aparece, premede AQUÍ.

2ª AVALIACIÓN

  Para saber como se vai efectuar a avaliación do 2º trimestre e a forma de acceder ás notas, premede AQUÍ.

Campus Depor Ordes

  Gran sorpresa o mércores 11 de marzo! Para publicitar o próximo Campus que terá lugar do 6 ao 8 de abril (durante a Semana Santa) en Ordes, viñeron ao noso cole algúns dos organizadores.

  E a sorpresa foi que entre eles estaba esa lenda do deportivismo e da selección española que é Donato Gama da Silva. A visita foi curta pero tivo tempo de dirixirlles algunhas palabras aos nosos alumnos.

Servizo para madrugadores

  Este ano hai unha gran novidade no noso cole!

  O Servizo de Bos Días, impartido pola empresa Sonaga Gestión SL (Escuela con talento) e CO-FINANCIADO pola ANPA. O horario do servizo vai desde as 7:50 ata as 9:50 h. Os nenos contan con todas as comodidades para estar entretidos e almorzar no local habilitado para o servizo.

  Agradecemos a colaboración do Concello de Ordes no acondicionamento do local e as aportacións de mobiliario e enseres por parte dalgunhas familias da ANPA.

Novo aparcadoiro

O luns 8 de outubro ás 16:30 empregamos por primeira vez o novo aparcadoiro na parte leste do colexio, que é unha gran mellora para a saúde e seguridade de toda a comunidade escolar. 

Acompañáronnos nesta inauguración o alcalde José Luis Martínez, as concelleiras Ana Mª Soneira e Susana García e Antonio Prado (Rogelio). Para ver fotos, premede no autobús.