Vostede está aquíMúsica
Música
Benvid@s á MÚSICA
O meu nome é Magdalena, e como sabedes son a mestra de música do cole.
Imos aproveitar este espazo para compartir as novidades da materia de música, o ben que sabemos cantar, tocar, bailar e moitas cousas máis.... así que estade atentos non as vaiades perder!!
Pakolas
O luns 17 de xuño veunos visitar o noso amigo e gran músico Pakolas, que nos deu un fantástico concerto no noso pavillón polideportivo.
Non é a primeira vez que veu pero sempre é un éxito asegurado. Todos, rapaces e mestres vibramos ao son do seu enérxico rock e gozamos coas súas historias.
Se queredes ver algunha foto, premede na imaxe.
Visitamos Ágora
O mércores 15 de febreiro os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º visitamos a Coruña. Concretamente o Centro Sociocultural Ágora onde asistimos a un concerto didáctico titulado "Unha Banda de Entroido". Pasámolo xenial e estamos desexando volver de novo!!! Preme na imaxe para ver fotos.
Susa Herrera
O luns 19 de decembro tivemos o placer de recibir de novo no cole (xa veu máis veces e sempre foi un éxito total entre os rapaces) á cantante Susa Herrera que nos veu presentar cancións do seu último disco libro "En Cabárceno rugidos y canciones".
Desde os máis pequeniños de 3 anos ata os maiores de 6º todos gozamos do ritmo e das divertidas letras e coreografías de Susa. Esperamos recibila máis veces!
Para ver algunhas fotos do evento, premede na imaxe.
Primeiras notas de frauta co alumnado de 3º curso
O alumnado de 3º comezou a tocar coa frauta as notas SI, LA e SOL. Mirade a continuación que ben soaba o que tocaban.
Para velo fai clic AQUÍ.
Ditado á carreira do alumnado de 5º de Primaria
O alumnado de 5º de Educación Primaria estivo a practicar por equipos ditados á carreira. Ademais de música estivemos a practicar traballo en grupo, coordinación, memoria, capacidade de transmitir coñecementos, ser quen de empatizar e pórse no lugar dos demais, etc... En xeral fixeron un magnífico traballo á vez que disfrutaron coa música. Se queredes ver fotos, premede AQUÍ.
Notas da Paz
O alumnado celebrou o día da Paz a través das notas da Paz. O xogo consitía en xuntar nome da nota coa figura colocada no seu lugar correspondente no pentagrama. Unha vez se atoparon as parellas, debían de colocarse no seu lugar no pentagrama, para xuntos, saltar cando a súa nota soase no piano.
Todas as clases desfrutaron moito grazas ao bo facer do seu traballo en equipo!!!!
Samaín 2021
Este é o traballo do alumnado do CEIP Plurilingüe do Mesón do Vento para celebrar o Samaín. Qué ben o fixeron!!!
Vídeos de Nadal
Velaquí as actuacións dos nosos nenos e nenas para Nadal.
VIDEO DE NADAL 1º CURSO DE PRIMARIA
VIDEO DE NADAL 2º CURSO DE PRIMARIA
Desexarvos a todos os nenos e nenas e ás súas familias que pasedes un bo nadal. descansedes, repasedes e vémonos no vindeiro ano 2021 con máis enerxía aínda!! Moitos biquiños!!=)