Vostede está aquíActividades
Actividades
Doces de Halloween
O venres 2 de novembro na nave do campo da feira do Mesón do Vento a ANPA organizou un Taller de doces de Halloween. Houbo 2 grupos, un das 16:00 ás 17:30 e o outro de 17:30 a 19:00 h.
Aprenderon a facer "dedos de bruxas", "cupcakes telaraña", "cabezas esqueleto" e "minipizas gusanos".
Se queredes ver un vídeo da actividade, premede na cabaza.
Actividades ANPA 18-19
As actividades extraescolares da ANPA comezaron o 1 de outubro. Velaquí o seu horario.
Festa ANPA e excursións
O domingo 17 de xuño a ANPA do cole celebrou a súa habitual festa de fin de curso con gran participación de alumnos e familias. Despois dunha semana bastante mala o tempo foi perfecto cun día cheo de sol e diversión.
Podédelo comprobar se premedes na imaxe porque veredes fotos do evento.
A semana seguinte tiveron lugar as dúas excursións.
Oa alumnos de Ed. Infantil e Ed. Primaria ata 4º viaxaron o venres 22 de xuño a Granxa Bergando no concello de Negreira. Foi un excelente día e pasárono moi ben. Premede no cabalo para ver as fotos.
Os alumnos de 5º e 6º viaxaron a Cantabria. Se queredes ver o ben que o pasaron, mirade este vídeo.
Cuota e Actividades
Estimados país / nais:
Todos aqueles que desexen formar parte da ANPA como socios, deben abonar a cuota correspondente ao curso 17-18 no seguinte número de conta:
ES27-2080-0084-3530-0001-4908 ABANCA (sucursal do Mesón)
Importe: 20 € anuais por familia
Concepto: Nome e apelidos do rapaz/a
Prazo: Agradecemos que o ingreso se realice antes do 30/12/2017 para una mellor xestión dos fondos e planificación das actividades neste curso.
Recordamos que para acollerse ás tarifas de socio é imprescindible ter abonada a cuota do presente curso. En caso contrario o importe a abonar será o correspondente aos non socios.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Ingresar a cantidade na conta da ANPA
ES27-2080-0084-3530-0001-4908 ABANCA (sucursal do Mesón)
Concepto: Nome da actividade - nome e apelidos do rapaz.
Exemplo: Inglés + Pintura - Manuel López.
Os que queiran aproveitar para pagar a cuota poden facelo.
Exemplo: Cuota + Inglés + Pintura - Manuel López.
Recordamos que para que una familia poida beneficiarse das tarifas de socio debe ter pagada a cuota deste curso.
Festa de Fin de Curso 17
O domingo 18 de xuño a ANPA celebramos a festa de fin de curso no centro escolar.
Dende a directiva queremos agradecer a aquelas familias que, a pesar das altas temperaturas acadadas, asistiron a esta cita anual.
Tamen queremos dar as gracias a aqueles pais que colaboraron na organización, montaxe e desenvolvemento da mesma.
Ademáis da tradicional churrascada, houbo inchables, xogos, chuches e merenda gratis para todos os nenos.
Aproveitamos ese día para celebrar o aniversario da nosa mascota -Ardemiro-, repartindo unhas mochilas entre todos os alumnos matriculados no noso centro.
2ª Festa Choqueira
O pasado domingo 26 de febreiro a partir das catro e media da tarde, tivo lugar a 2ª Festa Choqueira organizada pola ANPA do CEIP Mesón do Vento.
Como sempre o lugar elixido foi a Sala JOSFER. Houbo xogos, bailes, agasallos, sorteos ... e moita diversión!
Preme na imaxe se queres ver unhas cuantas fotos dese día.
Talleres de Nadal
Os días 28, 29 e 30 de decembro a ANPA organizou uns talleres de NADAL que contaron con moita asistencia (36 nenos en total e 5 nais) que o pasaron de medo decorando as súas camisetas e facendo adornos e saborosos cupcakes.
A experiencia foi tan boa que esperamos que se repita moi pronto!!! Para ver fotos, premede na imaxe.
Festa en Patinaxe
O xoves día 15 de decembro as nenas e nenos que van a actividade de patinaxe no pavillón do CEIP Mesón do Vento celebraron unha pequena festa de fin de trimestre na que contaron cunha aparición moi especial que lles fixo moita ilusión e lles trouxo algúns agasallos.
Se queredes ver as fotos, premede na imaxe.