Vostede está aquíTransporte escolar

Transporte escolar


Servizo de transporte sticky icon

O servizo de transporte escolar corre a cargo da empresa AUTOBUSES GRABANXA.

Hai 4 rutas ao comezo e ao final da xornada escolar. Non hai servizo de transporte ao mediodía.

Todos os autobuses teñen acompañante.

Este curso 2023-24 utilizan o transporte sobre 135 alumnos/as.

Cómpre avisar antes das 13:50 para a recollida do alumnado no centro, doutro xeito, como norma xeral, o alumnado que solicitou transporte escolar irá no bus.

Isto ten a excepción do alumnado que xa informou que de xeito recorrente non vai a empregar o transporte por madrugadores, actividades extraescolares, ... e o centro foi informado en tempo e forma.

 

 

 

 

Incidencias no Transporte Escolar liñas 1 Portela-Brea 2 e 4 Adrán-Brea 0.

Prezadas familias!

Fomos informados de que non se realizaron as rutas de transporte escolar conforme foron acordadas e actualizadas pola Xefatura Territorial. 

Este problema é alleo ao centro, que informou en tempo e forma á empresa adxudicataria das rutas e usuarios en cada unha das mesmas. A dirección do centro informou da incidencia ao Servizo de Apoio aos Servizos Educativos tanto telefónicamente coma por escrito.

O alumnado na saída de hoxe e en adiante irá nas novas rutas das cales informamos o pasado 01-09-23 a través da nosa web.

Dende o centro intentamos sempre informarvos coa maior antelación posible para facilitar a vosa conciliación.

Sentimos as molestias ocasionadas.

Liñas do transporte (actualizado a 01/09/2023)

Engadimos as liñas de transporte actualizadas coas novas paradas autorizadas e os cambios de ruta.

Con respecto ao ano pasado, a Xefatura Territorial da Coruña ven de notificarnos a reordenación das liñas 1 Portela – Adina (a partir de agora  chamada Portela – Brea 2)  e liña 4  Adrán – O Canedo (a partir de agora  Adrán – Brea 0).

Isto implica que as paradas: BREA 0, BREA 1, REVOLTA 1, REVOLTA 2, MORGADE, ADINA VELLA e ADINA CRUCE e que eran da liña 1 (Portela-Adina) pasarán a formar parte da liña 4,  Adrán – Brea 0. En total, son 16 alumn@s que cambian de liña.

Todo o anterior vai a permitir que TODAS as liñas estean nun intervalo de tempo total orixinal de entre 24 e 36 minutos aproximadamente.

O resto de paradas de ámbalas dúas liñas NON teñen ningunha modificación con respecto a anos anteriores.

Pregamos que esteades pendentes os primeiros días para adaptarse aos novos horarios. 

Se premedes no nome da liña, poderedes descargar o mapa da ruta e o nome de cada parada nun arquivo pdf.

LIÑA 1: ED151821 / A PORTELA - BREA 2

LIÑA 2: ED151822 / FOLGUEIRA - AXÁS

LIÑA 3: ED151823 / FONDO DE ALDEA - CABEZA DE LOBO 

 

LIÑA 4: ED151824 / ADRAN - BREA 0

Alerta amarela 17/01/23

Prezadas familias!

Fomos informados pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería e MeteoGalicia dun fenómeno meteorolóxico adverso NIVEL AMARELO na nosa zona ao longo de mañá, martes 17 de xaneiro. Co cal, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

- SUSPENSIÓN do transporte escolar EN HORARIO DE TARDE DO MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición do interior da Coruña, que é o noso caso.

- Nun principio pola mañá habería transporte escolar, a non ser que a situación cambie. Se isto sucede, intentaremos avisar o antes posible.

Mañá pola tarde, tentaremos realizar a saída e entrega de alumnado de xeito escalonado, por cursos.