Vostede está aquíEd. Infantil

Ed. Infantil


Actividades MUSICA INFANTIL ( xuño)

Ola a tod@s, despois de estar varias semanas facendo actividades de música, comezamos este mes de xuño, as últimas semanas de curso, polo que durante estas semanas vou deixar que repasedes contidos que vimos, podedes facer vídeos que non realizarades, que vos quedaran sen facer e continuar cos retos de Ardemiro. Por se algún os ten todos feitos e quere máis deixo algúns vídeos a maiores para estas últimas semanas de curso:

CANCIONS PARA CANTAR

COREOGRAFÍAS MUSICAIS

CANCION DRAMATIZADA

 

Saúdos para tod@s e ánimo nesta recta final de curso!!=)

Actividades MUSICA INFANTIL ( semana 25/05)

Bos días a tod@s, para esta semana vouvos a deixar varias cousiñas moi divertidas para bailar e cantar todos xuntos, imos comezar con unha canción titulada " En mi tribu" (podedes clicar directamente para ir á ligazón).

Ademais desa canción imos a bailar, pois que mellor forma de pasalo ben que con este baile, que temos que facer? O que dí a canción: Brinca y para ya, é dicir,  saltar e cando todos paren quedarnos quietos:

BRINCA Y PARA YA

E por último, xa que temos para cantar e bailar, imos a facer a seguinte cancíón, pero atentos, porque temos que tocar as palmas levando ao ritmo da canción:

Mariposita

 

Moitos biquiños a tod@s e que a música non parte!!;D

 

Actividades MUSICA INFANTIL (semana 18/05)

Benvidos unha semana máis ás clases de música, para esta semana, e como non podía ser de outra forma, xa que onte celebramos o día das letras galegas, tamén o imos a facer dende a materia de música, polo que imos comezar con un baile en galego, podedes cantalo e bailalo, pero siobre todo espero que o disfrutedes, o baile titúlase: " esto bailase así "  ( clicade directamente no nome do baile  e xa vos leva á ligazón).

Ademais de este baile en galego, téñovos preparado un baile co cal podedes facer os xestos con toda a vosa familia, xa sei que vos gusta que fixémolo algunha vez en música, asique a bailar co ritmo do cocodrilo: " coco en su río"

E despois de tanto movemento, pasamos a unha canción, nela cantaremos as notas musicais, asique atentos e a cantar:  canción notas musicais

 

Espero que o pasedes ben con estes recursos e engadirei máis o vindeiro luns.

Coidádevos moito e saúdos e biquiños a tod@s!!=)

Actividades MUSICA INFANTIL ( semana 11/05)

Ola a tod@s, continuamos unha semaniña máis con algúns recursos para que os nenos e nenas poidan facer algo de música, esta semana déixovos unha canción, un baile e un pouco de percusión corporal, para continuar adquirindo o ritmo, espero que vos gusten e a seguir traballando así de ben!!=)

(Clicade directamente e xa vos leva á ligazón):

Canción " Una vez me encontré"

 

El baile del Hokey pokey 

 

Percusión corporal

 

Moitos biquiños para tod@s!!=)

 

Actividades MUSICA INFANTIL ( semana 04/05)

Ola a tod@s, continuamos unha semana máis con algunhas cousiñas de música que podedes ir facendo , que nos toca desta vez? Vouvos a deixar unha canción, un baile e un conto musical.

1. A canción titúlase "La orquesta" nela aparecen moitos animais tocando diferentes instrumentos, algúns deles seguro que vos sonan porque os temos na clase de música, asique atentos e a ver cantos recoñecedes, podedes cantar a canción e levar o ritmo coas palmas.

2. Aquí tedes un baile moi chulo titulado "yo me muevo hacia delante", nesta canción podedes movervos dun lado cara o outro, ides vendo o vídeo e facemos os xestos como se estivesemos na clase, ánimo e a mover o corpo!!=)

 

3. Por último para esta semana, temos un conto musical cantado,"Heiche de contar un conto", vai contando unha historia cantándoa e vendo os debuxos asociados a ela, asique podemos escoitar o conto e como non cantalo todos na casa.

Ánimo e que a música non pare!!;D

 

Saúdos e biquiños a tod@s

Actividades MUSICA INFANTIL ( semana 20/04)

Ola a todos e todas, espero que estedes todos ben e dende a materia de música vouvos a deixar algunhas actividades, irei poñendo cada dúas semanas para uqe as poidades facer sen agobios e divertíndonos. 

Propóññovos facer o seguinte baile titulado " levantando las manos", clicades no nome e xa vos leva directamente ao enlace.

LEVANTANDO LAS MANOS 

Ademais dese baile tan movidito déixovos unha canción que podedes practicar con todos os da casa:

CANCIÓN " LA CARRERA MUSICAL"  

Por último e non por iso menos importante, xa sei que tedes unhas maracas súper chulas feita nos Ardemiro´s Games, pois imos darlle uso acompañando a seguinte canción a ritmo de maraca:

ACOMPAÑAMOS A CANCIÓN COAS NOSAS MARACAS

Información actividades de música para INFANTIL e PRIMARIA

Ola a tod@s, gustaríame compartir con tod@s vós un vídeo gravado este fin de semana por varios membros da banda de música municipal de Silleda, a miña banda, que está  aparecendo en varios canais de televisión e internet, para que vexamos o valor da música aínda sen poder  estar xuntos.

A canción titúlase " resistiré" espero que vos dé máis enerxía aínda para afrontar estes días.

Unha vez escoitado, como tarefa para música, podedes apuntar nun papel qué instrumentos de vento madeira aparecen, recoñecedes algún instrumento de vento metal? E de percusión? 

Cando volvamos a clase xa analizamos as vosas respostas!!;D

VÍDEO "RESISTIRÉ"

Pautas para 5 anos

BO DIA!  Envío algunhas pautas de traballo xerais para a aula de 5 anos nestes difíciles días :

_Repaso das fichas de lectura das letras traballadas, escribir palabras con lapis, con  plastilina ......; contarlles  contos, traballar a linguaxe oral a partir dos contos, das conversas cos nen@s.....

_Actividades de conteo: obxectos, xoguetes....., asociación grafía-cantidadade, realizar sumas sinxelas cos números do "0 ata o 9", facer puzles, diferentes xogos....

_Facer debuxos relacionados con temáticas diferentes, debuxo libre..., actividades de recortado, picado, construcións......

_ Seguir investigando e aprendendo sobre o Universo e outros  temas que lles interesen.....

_Utilizar diferentes recursos dixitais: para lectoescritura  poden descargar o xogo gratuito "LEO CON ÁLEX"  e  usar páxinas webs educativas como ,por exemplo, CRISTIC.COM, JUEDULAND, EDUCLAN DE 3 a 5 anos.... e participar nos retos propostos na páxina web do noso cole!!!!

            GRAZAS E ÁNIMO A TOD@S!!!!!

Robótica na clase de English!!!

As nenas e nenos de 3 a 9 anos iniciámonos na robótica...In English!!!!