Vostede está aquíMúsica

Música


Medidas Covid

Ola a tod@s, comeza por fin un novo curso, espero que veñades todos con moitas ganas e como sabedes, este ano tócanos cambiar un pouquiño as normas do cole, por iso, para que vaiades coñecendo cales son os cambios que imos facer en música debido o COVID-19, déixovos un pdf coas medidas que imos tomar na materia de música.

Ao comezar as clases xa iremos véndoas con calma e pouco a pouco afacéndonos a elas.

Desfrutade estes últimos diiñas de vacacións e vémonos o xoves. 

Biquiños para tod@s!!=)

Actividades MUSICA INFANTIL ( xuño)

Ola a tod@s, despois de estar varias semanas facendo actividades de música, comezamos este mes de xuño, as últimas semanas de curso, polo que durante estas semanas vou deixar que repasedes contidos que vimos, podedes facer vídeos que non realizarades, que vos quedaran sen facer e continuar cos retos de Ardemiro. Por se algún os ten todos feitos e quere máis deixo algúns vídeos a maiores para estas últimas semanas de curso:

CANCIONS PARA CANTAR

COREOGRAFÍAS MUSICAIS

CANCION DRAMATIZADA

 

Saúdos para tod@s e ánimo nesta recta final de curso!!=)

Actividades MUSICA 5º E 6º PRIMARIA ( xuño)

Ola a tod@s, despois de estar varias semanas facendo actividades de música, durante estas semanas de xuño, últimas do curso,  na materia de música vouvos a deixar  que repasedes os contidos que estivemos vendo ata agora e para que poidades  facer os formularios que non teñades cubertos ata o momento.

Ademais podedes facer os retos de Ardemiro e xa que está repartido todo o material de música centrarvos máis na frauta, a continuación déixovos as cancións de frauta e algún vídeo máis:

CANCION FRAUTA 5º CURSO

CANCION FRAUTA 6º CURSO

OUTROS VÍDEOS:

Repasar grandes compositores:

Memory compositores

BAILE HIP HOP

 

Saúdos a tod@s e ánimo nesta recta final de curso!!=)

Actividades MUSICA 3º E 4º PRIMARIA ( xuño)

Ola a tod@s, despois de estar varias semanas facendo actividades de música, durante estas semanas de xuño, últimas do curso,  na materia de música vouvos a deixar  que repasedes os contidos que estivemos vendo ata agora e para que poidades  facer os formularios que non teñades cubertos ata o mmento.

Ademais podedes facer os retos de Ardemiro e xa que foi repartido todo o material de música podedes centrarvos en repasar as cancións de frauta, a continuación déixovos as cancións de frauta e algún outro vídeo:

CANCION FRAUTA 3º CURSO: Un ratón me persigue

 

CANCION FRAUTA 4º CURSO: guateque

 

Outros vídeos:

 

Percusión corporal:

 

COREOGRAFIA MUSICAL

 

Saúdos a tod@s e ánimo nesta recta final de curso!!=)

Actividades MUSICA 5º E 6º PRIMARIA ( semana 25/05)

Ola a tod@s, que temos preparado para música desta semana? Pois imos comezar repasando os termos de tempo, como sabedes a música vai a diferentes velocidades, pode ser unha música máis rápida, lenta... aquí vos deixo unha táboa con diferentes termos de tempo que utilizamos en música:

ACTIVIDADES

1. Repasar os termos de tempo

2. Tedes que escoitar o seguinte vídeo e intentar adiviñar a voz que esta soando, é dicir, o timbre, que como sabedes é unha cualidade do son:

DE QUEN É ESTA VOZ?

3. Continuamos poñendo a proba os vosos oídos co seguinte musicograma, nel podedes ver e entender mellor  os termos de tempo que falamos antes:

MUSICOGRAMA " EN LA CUEVA DEL REY DE LA MONTAÑA"

 

Unha vez repasado todo o anterior, estades preparados para cubrir o formulario:

FORMULARIO 5º E 6º

Moitos biquiños a tod@s e ánimo coas actividades!!=)

 

Actividades MUSICA 3º E 4º PRIMARIA ( semana 25/05)

Ola a tod@s, esta semana en música tócanos repasar un pouquiño os instrumentos de vento metal, podedes facelo vendo o seguinte vídeo:

REPASO INSTRUMENTOS VENTO METAL

 

Ademais diso, imos a repasar os matices, aquí vos deixo unha táboa co que significaba cada un deles:

ACTIVIDADES

1. Ver o vídeo e repasar os instrumentos de vento metal.

2. Escoitar o seguinte vídeo e intentar acertar o nome do instrumento de vento metal que está soando: ( se non podedes escoitar o vídeo, posiblemente sexa polo navegador, non vos preocupedes, non pasa nada,  deixade a pregunta do formulario en branco que xa sei eu que é por algún problema técnico)

DISCRIMINACION INSTRUMENTOS VENTO METAL

 

Unha vez repasado todo o anterior, xa estades preparados para cubrir o formulario:

FORMULARIO 3º E 4º

 

Moitos biquiños para todos e ánimo coas actividades!!=)

Actividades MUSICA INFANTIL ( semana 25/05)

Bos días a tod@s, para esta semana vouvos a deixar varias cousiñas moi divertidas para bailar e cantar todos xuntos, imos comezar con unha canción titulada " En mi tribu" (podedes clicar directamente para ir á ligazón).

Ademais desa canción imos a bailar, pois que mellor forma de pasalo ben que con este baile, que temos que facer? O que dí a canción: Brinca y para ya, é dicir,  saltar e cando todos paren quedarnos quietos:

BRINCA Y PARA YA

E por último, xa que temos para cantar e bailar, imos a facer a seguinte cancíón, pero atentos, porque temos que tocar as palmas levando ao ritmo da canción:

Mariposita

 

Moitos biquiños a tod@s e que a música non parte!!;D

 

Actividades MUSICA 5º E 6º ( semana 18/05)

Benvidos a tod@s unha semana máis ao apartado de música, para esta semana imos comezar repasando os instrumentos de vento metal coas súas partes, para isto podedes encontrar ao final desta publicación os apuntes que vos dou, por se non os tedes na casa.

Ademais dos instrumentos anteriores imos a repasar os valores das figuras musicais:

 

E despois de repasar as figuras xa estamos preparados para repasar os compases:

COMPASES MUSICAIS

 

ACTIVIDADES

1. Repasar o posto anteriormente para poder realizar o formulario.

2. Escoita o seguinte vídeo  e intenta adiviñar que instrumentos de vento están soando, logo terás que responder unha pregunta no formulario ( se non che funciona o vídeo, posiblemente sexa por algún problema no navegador, non te preocupes, deixa a pregunta sen responder e xa sei eu que é por iso)

DISCRIMINACIO0N AUDITIVA VENTO METAL

3. Lembrádevos de ir repasando a canción de frauta, os que non a tedes na casa porque está no cole, non vos preocupedes.

Unha vez repasado todo o anterior, xa estás preparado para responder o seguinte formulario: 

FORMULARIO 5º e 6º

Coidádevos e saúdos e biquiños para tod@s!!=) 

Actividades MUSICA 3º E 4º PRIMARIA ( semana 11/05)

Benvidos a tod@s unha semana máis ao apartado de música, para esta semana imos comezar repasando os instrumentos de vento madeira, para isto aquí tedes un vídeo explicandoos para refrescar a memoria:

VIDEO INSTRUMENTOS VENTO MADEIRA

 

Ademais continuamos repasando os compases, desta vez o cxompás de 3/4  e o compás de 4/4:

COMPÁS DE 3/4

COMPÁS DE 4/4

 

ACTIVIDADES

1. Repasa os instrumentos de vento madeira co vídeo anterior.

2. Practica os compases mediante este xogo online:

Xogo compases musicais

3. Escoita o seguinte vídeo e intenta discriminar os instrumentos de vento que soan ( se o vídeo non vos vai, posiblemente sexa polo navegador, non vos preocupedes deixades esa pregunta en branco e xa sei eu que é porque non vos funciona)

DISCRIMINAR INSTRUMENTOS VENTO MADEIRA

4. Lembrádevos de ir repasando a canción de frauta, os que non a tedes na casa porque a tedes no cole, non vos preocupedes!!;D

 

Unha vez que repasaches ao anterior, xa estás preparado para cubrir o seguinte formulario:

 

FORMULARIO MUSICA 3º E 4º

 

Coidádevos e saúdos e biquiños a tod@s!!=)

 

Actividades MUSICA INFANTIL (semana 18/05)

Benvidos unha semana máis ás clases de música, para esta semana, e como non podía ser de outra forma, xa que onte celebramos o día das letras galegas, tamén o imos a facer dende a materia de música, polo que imos comezar con un baile en galego, podedes cantalo e bailalo, pero siobre todo espero que o disfrutedes, o baile titúlase: " esto bailase así "  ( clicade directamente no nome do baile  e xa vos leva á ligazón).

Ademais de este baile en galego, téñovos preparado un baile co cal podedes facer os xestos con toda a vosa familia, xa sei que vos gusta que fixémolo algunha vez en música, asique a bailar co ritmo do cocodrilo: " coco en su río"

E despois de tanto movemento, pasamos a unha canción, nela cantaremos as notas musicais, asique atentos e a cantar:  canción notas musicais

 

Espero que o pasedes ben con estes recursos e engadirei máis o vindeiro luns.

Coidádevos moito e saúdos e biquiños a tod@s!!=)