Vostede está aquíActividades MUSICA 5º E 6º ( semana 18/05)

Actividades MUSICA 5º E 6º ( semana 18/05)


Benvidos a tod@s unha semana máis ao apartado de música, para esta semana imos comezar repasando os instrumentos de vento metal coas súas partes, para isto podedes encontrar ao final desta publicación os apuntes que vos dou, por se non os tedes na casa.

Ademais dos instrumentos anteriores imos a repasar os valores das figuras musicais:

 

E despois de repasar as figuras xa estamos preparados para repasar os compases:

COMPASES MUSICAIS

 

ACTIVIDADES

1. Repasar o posto anteriormente para poder realizar o formulario.

2. Escoita o seguinte vídeo  e intenta adiviñar que instrumentos de vento están soando, logo terás que responder unha pregunta no formulario ( se non che funciona o vídeo, posiblemente sexa por algún problema no navegador, non te preocupes, deixa a pregunta sen responder e xa sei eu que é por iso)

DISCRIMINACIO0N AUDITIVA VENTO METAL

3. Lembrádevos de ir repasando a canción de frauta, os que non a tedes na casa porque está no cole, non vos preocupedes.

Unha vez repasado todo o anterior, xa estás preparado para responder o seguinte formulario: 

FORMULARIO 5º e 6º

Coidádevos e saúdos e biquiños para tod@s!!=)