Unha das tarefas que realizamos na Hora de Ler no mes de maio para conmemorar a homenaxe nas Letras Galegas a Carlos Casares foi a realización dunha pescuda ou caza do tesouro por medio do emprego de códigos QR para facilitarlle as pistas que tiñan que seguir. A actividade titulábase "De que libro falamos".
Como non dispoñiamos de dispositivos móbiles para todo o alumnado, tamén facilitamos as tarefas en formato web para que así todo o alumnado tivese acceso a esta actividade de gamificación do proceso educativo.
A experiencia resultou ser un éxito, xa que a maioría do alumnado chegou ata o final da mesma. Para premiar e recoñecer o seu esforzo e dedicación, ao reamate da mesma, fixemos entrega de diplomas a todos os participantes.
Unha vez rematada a pescuda, fixemos unha sesión de avaliación e posta en común onde o alumnado manifestou o seu grado de satisfacción coa mesma. Nunha escala de valoración de 0 a 10 (0=nada; 10=moito) a valoración media por parte do alumnado foi de 9,5; sendo a moda de 10.
O alumnado de sexto curso participou no homenaxe a Carlos Casares, que organizou a Concellería de Cultura do Concello de Ourense, o 15 de maio na Praza de San Martiño.
Durante o acto, o alumnado dos centros presentes deu lectura a diversos contos do autor. Como actividade central participamos nunha versión didáctica do conto da "Galiña azul" que encandilou ao público presente.
Como remate do acto, entonamos o Himno galego coa axuda de membros da Escola de música do Concello.
Presentación sobre a vida e obra de Carlos Casares
Mapa conceptual sobre Carlos Casares
Imos realizar unha gincana sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017. Para elo empregaremos códigos QR e tablets.
Para resolver todas as preguntas da gincana, teredes que ir resolvendo as cuestións que se propoñen. Nos códigos QR atoparedes a información e pistas necesarias para a súa resolución.
Unha vez resolta a pregunta iredes compretando o formulario que se achega ao final desta nova.
Cuestións:
Pista 1
Pista 2
FORMULARIO
ACTIVIDADES DE LECER PARA OS QUE REMATEN
Este ano as Letras Galegas rendiron homenaxe ao lugués Manuel María Fernández Teixeiro.
Ao longo do mes de maio o alumnado do noso centro traballou cos recursos recopilados polo EDL. Asemade, ao longo da semana das Letras galegas realizamos unha Caza do Tesouro cos cartaces do CEIP de ... no que gran cntidade de alumnos e alumnos foron quen de atopar as rspostas a todas as preguntas prantexadas.
O 18 de maio realizamos un recital de poesia na biblioteca do centro no que participaron todos os cursos coas seguintes poesías: (se premedes na ligazón veredes o vídeo da actuación).
Para rematar o alumnado de segundo e cuarto presentaron os seguintes vídeos con poemas rapeados de Manuel María:
O ARCO DA VELLA
GALICIA
GALERÍA DE IMAXES
Poema de Manuel María rapeado polo alumnado de 4º de Ed. Primaria na Hora de ler.
Este curso, traballamos durante toda a semana o autor ao que se lle adica dito día : Xosé Fernando Filgueira Valverde con recursos que recopilamos no EDL.
Fixemos unha "Pescuda do Tesouro". Que consistiu en darlle cada día unha pregunta aos alumnos/as de Ed. Primaria sobre a vida e obra de Xosé Filgueira Valverde para que pescuden e atopen a resposta nos cartaces feitos para dito autor pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e que se colocaron no corredor de primaria do centro. Repartironse as preguntas durante tres días e os alumnos que as contestaron ben, entraron a formar parte nun sorteo que se fixo en cada grupo/ curso e o alumno/a que saíu gañador en dito sorteo recibirá un agasallo na celebración de fin de curso.
Asemade, tamén estamos a facer, un libro de palabras en galego. Cada alumno elixe unha palabra e a representa cun debuxo facendo unha breve descripción da mesma, ben sexa cun poema, dicindo que significado ten para él/ela, cunha estrofa dunha canción, comentando algo que lle resulta divertido ou chamativo sobre dita palabra, ca definición do diccionario,... O resultado está a ser espectacular. Cando teñamos o libro montado pasará a formar parte dos fondos da biblioteca.
Xosé Fernando Filgueira Valverde, controvertido intelectual galego, foi co-fundador do Seminario de Estudos Galegos e director do Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra.
Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. É autor dunha moi numerosa obra, nomeadamente nos campos da historia, literatura, arqueoloxía e antropoloxía de Galicia.
Adícaselle o Día das Letras de 2015 polo seu traballo a prol da cultura galega.
Texto do Seminario Galán de Arteixo
Como vén sendo habitual, o noso colexio participou un ano máis nos "XIX Encontros de Teatro Escolar e Amateur" de Bande. O alumnado de 4º interpretou estupendamente unha obra de teatro inédita chamada: "Unha raíña diferente". Se queres disfrutar coa súa actuación debes entrar no blogue da nosa biblioteca. Clica na foto: