INFORMACIÓN DO CONCELLO

DEPOAVENTURA A LANZADA

APERTURA DE PRAZO PARA CAMPAMENTOS DE DEPUTACIÓN: DEPO AVENTURA A LANZADA 2020.

Participantes: nenos/as que teñan o seu domicilio habitual nun concello da provincia de Pontevedra e que nacesen entre o 2007 e 2012 ambos incluídos (entre 8 e 13 anos)

Prazo: ata o 25 de marzo de 2020 (na OMIX 24)

Presentación solicitudes. As solicitudes poderán presentarse: - Preferentemente por medios electrónicos través da web da deputación https://www.depo.gal/depo-aventura, cubrindo os datos no modelo oficial de solicitude https://sede.depo.gal/web/. No caso de presentala en papel a inscrición terá que imprimirse, asinala e presentala en calquera rexistro establecido na normativa reguladora.

DOCUMENTACIÓN: Solicitude e no caso de que os/as menores solicitantes non teñan DNI ou NIE libro de familia.

Se é o caso acreditación da condición de familia monoparental

PREZO: 100€ e no caso de familia numerosa 80€

INFORMACIÓN OMIX A GUARDA ou directamente na web www.depo.gal en Depo aventura A Lanzada

 

ENTROIDO 2020

Este ano Superlector quere que aprendamos que as cores non son de nenos nin de nenas por iso nos pide que cada día do entroido traiamos unha cor nas nosas vestimentas.

Non teñen xénero

as cores do arco da vella

o luns comezamos

traendo roupa vermella.

                  

Aquí ninguén perde,

o martes vestid@s de verde.

          O mércores, que subidón!

vimos tod@s de marrón.

Para ter unha xornada fermosa

o xoves vestid@s de rosa.

 

       O día 21 de febreiro  realizaremos as seguintes actividades no Centro:

·        10:50 horas: xogos no pavillón.

·        12:00 horas: chocolatada ofrecida pola ANPA e degustación de sobremesas do entroido achegadas polas familias.

·        13:00 horas: desfile no Centro ao que estades convidadas/os a asistir.

As familias que o desexen poden colaborar achegando algunha sobremesa típica desta época do ano (filloas, orellas,...)

Os disfraces estarán relacionados con diversos aspectos do mar, que é a temática que este ano se está a traballar no centro.

                                   As vacacións do Entroido abranguen os días 24, 25 e 26 de febreiro.

CONCURSO PILABOT

Este ano volvemos a participar no Concurso Pilabot.

O alumnado poderá traer ao centro pilas, pilas de botón, acumuladores e baterías de uso doméstico.

O período de recollida durará 6 semanas.

Para máis info fai click na imaxe:

pilabot

 

FESTIVAL DE NADAL

FOTOS DO FESTIVAL DE NADAL 2019

A continuación tedes algunhas das actuacións do festival de Nadal do Sinde

(En algúns navegadores non permite o seu visionado. Ademais é preciso Adobe Flash Player)

1º de primaria "DE ELLOS APRENDÍ"

Segundo bailou "Vivir"

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

 

Para conmemorar o Día da Discapacidade, no centro fixéronse distintas actividades nas que se tentou concienciar ao alumnado do significado de discapacidade e das posibilidades e necesidades que estas persoas teñen.

Dúas monitoras de GOGAMI, coa axuda do profesorado, realizaron unha xincana inclusiva para as nenas e os nenos de Primaria. Para o alumnado de infantil foron Nerea e Alberto quenes fixeron actividades similares. Velaí un pequeno resumo:

 

 

 

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS EN BAIONA

O mércores 4 de decembro o alumnado de 4º e 5º de Primaria participou nunha carreira de campo a través en Baiona. Unha actividade de convivencia e fomento da actividade física.

 

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O pasado luns día 25 de novembro manifestamos a nosa repulsa cara á violencia contra as mulleres facendo un lazo negro humano e cantando La puerta violeta de Rozalén.

Despois Bea e Valentina escenificaron o conto Daniela Pirata.

Por último, este mércores tivemos en BiblioSinde a Pedro Brandariz que nos fixo un contacontos titulado Non máis princesas.

 

SAMAÍN 2019

O mércores pasado celebramos no cole o Samaín. Primeiro visitamos un túnel do terror que prepararon familias da ANPA (moitas grazas polo enorme traballo) e despois, na biblioteca, o alumnado de sexto leu un conto viaxeiro creado entre todo o alumnado e entregáronse os premios do concurso de cabazas. Premendo na foto podedes acceder á galeria con algunhas imaxes máis.

tunel_terror

 

 

Unha semana completiña

 

A pasada semana foi completiña no noso centro. Inauguramos BiblioSinde, fixemos unha plantación no Castelo de Santa Cruz por mor da Folga mundial do medio ambiente e o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º recibiu unha charla dos adestradores do Atlético Guardés.

Podedes ter máis información facendo click nas ligazóns destacadas noutra cor.

FIN DE CURSO 2019

ASÍ DE BEN O PASARON O ÚLTIMO DÍA DE CLASE.

Contos das Xornadas en familia

Nas Xornadas en familia da ANPA, escribimos uns contos. Cada familia iniciaba unha historia e as demais continuábana. Noutra xornada fixéronse as ilustracións. Este foi o resultado:

O CIRCO

EL HECHIZO 

CAPERULORO

ROTOTEC

TIM

LOS TRES HERMANOS Y LA CASA ENCANTADA

INFANTIL XOGA A BALONMÁN

Os alumnos e alumnas de infantil tiveron no pavillón municipal da Sangriña, unha sesión de iniciación ao balonmán a cargo de dous xogadores do Acanor Atlético Novás, Yago,pai de Brais de 4º de infantil e de Paulo.

                                                        Foi unha bonita experiencia,MOITAS GRACIAS!!!

LA CINTURA

 

 

O alumnado de 6º inventou unha coreografía e ensinóunala a todo o cole. Despois gravámola e quedou así de chula:

 

FALA O SINDE 19

 

  

Como cada ano por estas datas, xa está aquí o "Fala o Sinde"

 portada

(Fai click na imaxe para ler a revista)

VII CERTAME DE RELATO CURTO

Marcos Silva Rodríguez foi seleccionado como finalista no VII certame de relato curto organizado pola Federación de ANPA de Pontevedra(FANPA).

Entregoulle o diploma a escritora homenaxeada este ano, Concha Blanco.

NORABOA MARCOS!!

  

Powered by Drupal - Design by artinet