blogue de_Voz Natura

AS PLANTAS DE 5º DE PRIMARIA

O alumnado de 5º de primaria sacou as follas das plantas, Echeveria, Sedum Morganianum(rabo de burriño), Pacchypytum e Crassula Ovata, puxéronnas en horizontal en terra humida e agora hai que esperar a que boten raiz.

PARCELA DE 1º DE PRIMARIA

Así están os cultivos de 1º no mes de xaneiro, xa case listos para recollelos e comelos.

O CAMIÑO EN OUTONO

FÍXOSE UNHA EXPOSICIÓN DE FOTOS DUN TRAMO DO CAMIÑO EN OUTONO.CAMIÑO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 1º,2º,5º E 6º DE PRIMARIA.

O ALUMNADO DE 5º E 6º FAI UN TRAMO DO CAMIÑO DE SANTIAGO

FACEMOS O CAMIÑO EN FAMILIA

Un dos obxectivos do proxecto "O Sinde no bo camiño",é o de descubrir á comunidade educativa o tramo do camiño que pasa pola nosa localidade.Este trimestre  fixemos o percorrido co alumnado de 1º,2º, 5º e 6º de primaria, valorando o valor paixasistico, observación das plantas protexidas plantas invasoras, froitos de outono...

Coa finalidade de promover o camiño entre as familias, proponse como reto para conseguir un selo na credencaial de peregrino do alumnado de 1º de primaria levar a súa familia a facer o tramo do camiño e xustificalo cunha foto.

Lucas, David, Mateo e Nerea levaron as súas familias a facer o camiño.

Alan, Brais, Diego Adrover e Hugo fixeron de guías das súas familias e fixeron o tramo do camiño de Santiago. Moi ben rapaces, xa tedes o segundo selo da credencial de peregrino!!!

                       

 

A HORTA DE 5º DE PRIMARIA

O alumnado de 5º plantou ervillas, aboaron co argazo e  protexennas dos paxaros poñendo botellas recortadas.

A FESTA DO OUTONO

O alumnado de educación infantil gozou dunha xornada en contacto coa natureza no Montiño.Observaron as bonitas cores do outono neste entorno.

AS PLANTAS MEDICIÑAIS DE 6º DE PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de 6º inauguran a súa horta cunha planta de Aloe Vera.

ASÍ DE BONITA ESTÁ A HORTA!!

O SINDE NO BO CAMIÑO

COMEZAMOS A INVESTIGAR SOBRE O CAMIÑO

Familiares do alumnado de 2º contestan aunha enquisa feita polos nenos e nenas sobre o que queren saber dos peregrinos/as.As respostas enviaronnas nun vídeo  xa que pola situación na que estamos non poden achegarse ao centro para compartir con nós a súa experiencia.

Familias que tamén nos deixaron a súas Compostelas e as Credenciais de Peregrino para que as viramos na clase.

Moitísimas gracias as familias que colaboraron.

                                          

PRIMEIRA SAÍDA POLO CAMIÑO DE SANTIAGO

 Primeira andaina do alumnado de 1º e 2º de primaria por un tramo do camiño de Santiago que pasa pola nosa localidade. Comezamos o camiño na Pasaxe, pasamos por Camposancos e pola ladeira do Monte Trega para logo regresar ao cole.

Observamos o camiño na estación do outono(os froitos,as árbores, as cores...);fixámonos na sinalización do camiño e nos diferentes puntos de interese da localidade como o colexio dos Xesuitas, cruceiro de Camposancos, fonte do Aloque.

Un bonito paseo que repetiremos na primavera.

POR SE NON VOS ABRE, AQUÍ TEDES OUTRO VIDEO CON OUTRO ENLACE:

https://www.kizoa.com/Video-Editor/d343692117k6411338o2l1/CAMIAMOS_EN_OUTONO

ASÍ ESTÁN OS NABOS

O alumnado de 5º xa pode ver o froito do seu traballo na súa parcela, así de bonitos están os nabos.

Teñen as sementes das cenorias xa case preparadas para transplantalas.

HERBARIO DE 5º DE PRIMARIA

O alumnao de 5º de primaria comezou a recoller plantas e secalas para ir facendo un herbario.Esperamos o resultado final!

                           

4º DE INFANTIL

Os alumnos e alumnas máis pequenos/as do cole tamén teñen a súa parecela na horta, aquí vos deixo unhas fotos de como limpaban e plantaban coles de bruselas.

PLANTAMOS CANÓNIGOS

O alumnado de 5º de educación infantil fixeron a primeira plantación deste curso.Despois de limpar e abonar a parcela plantaron canónigos.Aquí vos deixo unhas fotos.

O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA TRABALLA NA HORTA.

O alumnado de 2º comezou a traballar na horta, plantamos coliflores de tres cores diferentes:branca,morada e laranxa.Xa temos ganas de velas!

Tamén plantamos unhas sementes de leitugas.


Distribuir contido