VN

15 DE MARZO, DÍA DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

EDUCACIÓN INFANTIL

EL COCHE NUEVO DE MIKE

JUAN Y TOLOLA CUIDAN EL PLANETA

PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA

DE CONSUMIDOR A CONSUMIDOR RESPONSABLE

ANA VA AL SUPERMERCADO

SEGUNDO CICLO DE PRIMARIA

DIA DEL CONSUMIDOR

CUIDADÍN Y GASTÓN

TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA

CONSUMISMO  Y SER HUMANO

CONSUMISMO Y MEDIO AMBIENTE

PROXECTO FÓRA PLÁSTICOS

Participamos xunto con outros centros da Guarda e da contorna no proxecto

"FÓRA PLÁSTICOS"

organizado polo San Xerome.


PROXECTO FÓRA PLÁSTICOS - Kizoa Movie Maker

RECOLLIDA DE CULTIVOS

O alumnado de 1º recolleu os cultivos da súa parcela e comeronnos nas súas casas, facendo ricas ensaladas.BO PROVEITO|

RECOLLIDA DE PLÁSTICOS

O alumnado de 1º e 2º de primaria, o xoves 31 de marzo recolleron plásticos  na praia da Ribeira.

O centro participa no proxecto "FÓRA PLÁSTICOS" organizado polo colexio San Xerome e no que participan os centros da Guarda e do Rosal.

ELIMINACIÓN DE PLANTAS INVASORAS

O luns 21 de marzo,o alumnado de 5º e 6º de primaria participou en colaboración coa Comunidade de Montes de Camposancos na limpeza de plantas invasoras no Monte SantaTrega.

ASÍ MEDRAN OS CULTIVOS!

O alumnado de educación infantil e primaria manteñen os seus cultivos, regando,aboando e gozando do contacto coa terra.

             1º DE PRIMARIA          5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

                    3º DE PRIMARIA

PLANTACIÓNS NA HORTA DE ELSA

No mes de novembro limparonse as parcelas realizaronse novas plantacións.

COMEZAMOS O CURSO COIDANDO A NOSA PRAIA

              As nenas e nenos de 1º e 2º fomos o pasado mércores 29 de setembro a ver se atopábamos contaminación nunha das praias da nosa vila. Despois de tomar un rico almorzo, estivemos limpando a praia e recollendo máis lixo do que nos houbera gustado atopar. 

                          

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Para conmemorar o Día do Medio Ambiente, o alumnado de Educación infantil, fíxolle entrega ao Alcalde de A Guarda  de 5 carteis sobre como se debe comportar un BO PERGRINO, respectando e coidando o medio.

Carteis coas boas prácticas do peregrino en  galego, castelán e inglés, que serán colocados en diferentes puntos de información e no albergue municipal.

 

5 DE XUÑO DÍA DO MEDIO AMBIENTE

VIDEOS PARA TRABALLAR NAS AULAS O COIDADO DO PLANETA.

AO FINAL HAI UN ENLACE DE SOGAMA CON XOGOS INTERACTIVOS ADAPTADOS AS DIFERENTES IDADES.

PARA OS MÁIS PEQUENOS:

PRIMARIA 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PELÍCULA: EL VIAJE A GAIA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XOGOS INTERACTIVOS

http://www.sogama.gal/es/info/juegos-escolares

O SINDE NO BO CAMIÑO

Presentamos este Power Point como resumo final de todo o que aprendimos neste curso, coñecendo o Camiño de Santiago, especialmente o tramo que pasa pola nosa localidade.

PARA SER UN BO PEREGRINO

Descubrimos durante este curso o tramo do camiño portugués que pasa pola nosa localidade. Coñecemos lugares  e historia da nosa vila.

Todo o alumnado fixo diferentes tramos do camiño en varias etapas e desfrutamos da riqueza paisaxística que nos arrodea, tanto polo monte como pola costa.

As familias participaron en andainas cos seus fillos/as, descubrindo as sendas da súa man.

E agora queremos que veñan moitos peregrinos e peregrinas a coñecelo, pero que o coiden e o respecten. Co traballo en equipo de todo o alumnado do centro elaborouse un cartel sobre as boas prácticas para ser un bo peregrino/a.

Este cartel entregárase ao Concello para que se poña en lugares de paso de  peregrinos: albergue, puntos de información, estación marítima.

 

CHEGAMOS AS CETARIAS

      O alumnado de 1º e 2º de primaria fixeron a última etapa do camiño portugués que pasa pola nosa localidade.Dende o albergue ata a cetaria Redonda, pasando pola praia e lavadoiro de Fedorento e a praia de Area Grande.

CAMIÑO A OIA

   O alumnado de 5º e 6º de primaria fixeron un novo tramo do Camiño de Santiago, en Oia.

Comezaron na capela de San Sebastián, visitaron a capela e seguiron camiñando pola costa rochosa ata a entrada do porto de Oia.Dende o porto puideron ver a Camboa,antiga pesqueira que tiñan os monxes.

Seguindo os sinais do Camiño pasaron polo Arrabal, pobo típico con casas restauradas, entre elas a casa Reitoral.

No percorrido toparon con varios canizos dos que aprenderon as súas partes e o seu uso.

Chegando ao adro do mosteiro visitaron a Igrexia Parroquial coas explicacións do párroco  Don Daniel, naves, arcos, capelas, tellado, campanario...

Puideron desfrutar da boa sonoridade do coro da igrexia, ata se animaron a cantar a táboa do 5 con canto gregoriano e escoitar o canto gregoriano de D. Daniel.

E antes de volver unha boa merenda cunhas boas vistas e un bo día.

E rematan a saída no Cruceiro Centinela e de volta ao autobús.

Moitas gracias Don Daniel!!

DÍA DA TERRA

Hoxe 22 de abril,DÍA DA TERRA comparto este Genially de Sonia Cartón.

Powered by Drupal - Design by artinet