Secretaría

HORARIO DE SECRETARÍA

A secretaría do centro estará á disposición da Comunidade educativa nos seguintes horarios:

 

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
9:00 a 9:50
 9:00 a 9:50 9:00 a 9:50  9:00 a 9:50  9:00 a 9:50

Inicio do segundo trimestre

9 Ene 2023 09:00
Europe/Madrid

Matrícula curso 2023-2024

O prazo de matrícula para o curso 2023-2024 para alumnado novo no centro abrangue desde o día 20 ata o 30 de xuño, ambos inclusive. Documentación necesaria:

  • Impreso de formalización de matrícula (pódese recoller na secretaría do centro).
  • Certificado médico (só se a nena ou neno ten algún problema de saúde)
  • Fotocopia das vacinas.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Certificado de matrícula (se vén doutro centro)

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 23-24

O prazo de entrega de solicitudes de praza no noso centro abrangue desde o 1 ata o 20 de marzo.

Pódese realizar a solicitude a través da web admisionalumnado no mesmo prazo.

A documentación a entregar é a seguinte:

  • Impreso ED550B asinado polas dúas persoas proxenitoras. (Pódese solicitar na secretaría do centro ou descargar nos documentos adxuntos máis abaixo)
  • Fotocopia da páxina do libro de familia na que aparece a nena ou neno.
  • Fotocopia do DNI da/o menor (se o ten) e dos/as proxenitores/as ou persoas titoras legais.
  • No caso de separación ou divorcio, a resolución xudicial correspondente.

As prazas dispoñibles (a priori) pódense consultar aquí.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

A partir do venres 21 de maio e ata o 22 de xuño (incluído) está aberto o prazo para a solicitude de libros do Fondo solidario e as axudas para adquirir libros e material escolar. (Ligazón ao DOG).

As solicitudes poden facerse na aplicación <<Fondolibros>>, (https://www.edu.xunta.es/fondolibros, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. ou entregalos na secretaría do centro (horario da secretaría).

 

Tipos de axuda (En función da renda familiar)

  • Material escolar: 1º a 6º de Primaria.
  • Libros de texto:
    • 1º e 2º de Primaria.- vale para a adquisición dos libros.
    • 3º a 6º de Primaria.- libros do Fondo solidario.

 

Documentación a entregar:

En todos os casos:

  • Anexos I e II
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

 

De ser o caso:

  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da  violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Están publicadas no taboleiro da entrada do centro as listaxes definitivas de persoas beneficiarias dos libros de texto do fondo solidario. Este ano, segundo instrucións da Consellería, decidiuse cambiar os libros de texto de 3º e 5º de Primaria. Debido a isto, o centro non terá libros sobrantes polo que as familias ás que só se lle outorgaron 4 libros deberán mercar os dous restantes (Ciencias da natureza e Ciencias sociais) ademais do Activity book de Inglés se a mestra decidise empregalo.

Os lotes de libros serán entregados en setembro.

Lembramos que esta semana se poden recoller os vales de material na secretaría do centro. As familias que non o fagan poderán recollelos no mes de setembro.

 

MATRÍCULA 2021-2022

O prazo de entrega de solicitudes de praza no noso centro abrangue desde o 1 de marzo ata o 22 de marzo.

As persoas que desexen facer a solicitude a través da web admisionalumnado terán de prazo ata o día 20 de marzo.

A documentación a entregar é a seguinte:

  • Impreso ED550B. (Pódese solicitar na secretaría do centro ou descargar aquí).
  • Fotocopia da páxina do libro de familia na que aparece a nena ou neno.
  • Fotocopia do DNI da/o menor (se o ten) e dos/as proxenitores/as ou persoas titoras legais.
  • No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída con carácter exclusivo a un deles, e presentar a resolución xudicial correspondente.

As prazas dispoñibles pódense consultar aquí.

Día de conveniencia pedagóxica

18 Maio 2018
Europe/Madrid

Powered by Drupal - Design by artinet