BECAS NEAE CURSO 2024-2025

Desde o 30 de abril ata o 13 de setembro está aberto o prazo para solicitar as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que cursen ensinazas de infantil ou primaria no curso 2024/2025 de acordo co Extracto da resolución do 12 de abril de 2024.

 

Na seguinte ligazón podedes acceder á web do Ministerio de Educación e obter toda a información relativa a estas axudas:

Web de becas do Ministerio de Educación, FP  e deporte

 

A tramitación debe facerse por vía electrónica na Sede electrónica

 

A modo de resumo, o alumnado que poderá solicitar estas becas será o alumnado que conte con informe no que se ditamine que esté nalgunha das seguintes situacións: DISCAPACIDADE; TRASTORNO GRAVE DE CONDUTA; TRASTORNO GRAVE DA COMUNICACIÓN OU DA LINGUAXE, TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA; ALTAS CAPACIDADES.

 

Se tedes algunha dúbida, chamade por teléfono ao D.O. (886110085) para solicitar información ou ben escribide un correo electrónico ao seguinte enderezo: doceipsinde@gmail.com.

 

Powered by Drupal - Design by artinet