Audición e linguaxe

Traballamos a Conciencia Fonolóxica.

Consellos para traballar a conciencia fonolóxica na etapa de educación infantil e primeiro curso de primaria.

PAUTAS PARA ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE EN EDUCACIÓN INFANTIL

Consellos para nais e pais con nenas e nenos de educación infantil  dende a aula de Audición e Linguaxe .

Masaxe sensorial en grupo

Samaín na aula de Audición e Linguaxe

Disfrutade creando os vosos propios monstruos e veremos quen é o mais rapido en encontralo.

Este divertido xogo permite desenvolver a discriminación visual,e axudar ao teu fillo a recoñecer os cores, as cantidades e as emocións. Cada monstruo ten unha combinación de cores/ ollos/ boca. Tirando os dados,o voso fillo debe atopar, entre todos os monstruos realizados, o que corresponde os dados.

DESENVOLVEMENTO
Imprime as páXinas que precisrs, recorta os ollos, as bocas e os fondos de cor. Forma un cono co fondo de cor, e pega por encima os ollos e a boca. ¡Xa tes o teu monstruo!Fai cantos queiras. Despois só te queda recortar e pegar os 3 dados. Unha vez que todo está listo, lanza 1, 2 ou 3 dados, e busca o monstruo que corresponde.

¡Descárgate o documento pdf y crea a túa propia tribu de monstruos!

NOVIDADES

Temos un novo bloque na nosa páxina adicado a Audición e Linguaxe.

Busca na barra lateral dereita esta imaxe

e fai clic para descubrir interesantes contidos.

-RELAXACIÓN- "A árbore Encantada". Obradoiro de Estimulación da Linguaxe en Educación Infantil

Presentámosvos un momento de relaxación creativa que facemos nos obradoiros para aprender a respirar, ser consciente do noso corpo e conseguir unha volta á calma despois dos recreos.

 

CADROS SOPRADOS no obradoiro de Estimulación da Linguaxe en Educación Infantil

As nenas e nenos de Infantil crearon maravillosos cadros coa axuda dos seus pulmóns.

Deixámosvos a receita para facer na casa e o video para que vexades como traballan estxs cativxs

Powered by Drupal - Design by artinet