Orientación

*INFORMACIÓN DE CONTACTO CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.*

 

SE QUERES POÑERTE EN CONTACTO CO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN,

CON CALQUEIRA D@S SEUS

INTEGRANTES (PT, AL OU

ORIENTADOR/A) ESCRÍBENOS AO

SEGUINTE CORREO ELECTRÓNICO:

 

doceipsinde@gmail.com

 

 

 

HORARIO

 

 

Mi pintor favorito de Bego

Comezamos educación infantil.

O pasado martes 8 de xuño demos a benvida ás novas familias do alumnado que comezará o curso que vén en 4º de infantil.

A continuación tedes a información da que falamos.

 

Ademais, comentamos que o prazo de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Outra información de interese foi que se algunha familia merca xa en verán os mandilóns, estes deberán ser con botóns grandes para facilitar a aprendizaxe dos mais cativos.

 

Comezamos educación infantil de María Masana

Xa somos maiores: a primaria imos!

O pasado martes 8 de xuño levouse a cabo unha reunión virtual coas familias do alumnado de 6º de infantil que vai a pasar á etapa de primaria.

A continuación tedes a presentación con toda a información da que falamos.

 

Viaxamos cara o Instituto.

O pasado mates 8 de xuño tivo lugar unha reunión virtual coas familias de 6º de primaria onde tratamos o cambio de etapa de PRIMARIA a SECUNDARIA.

A continuación tedes a presentación que nos axudou a falar sobre todos os cambios que se darán e algunhas pautas para as familias que vos axudarán a afrontar este gran cambio:

 

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

O pasado venres día 2 celebrouse o Día Mundial do Autismo co lema "Podo aprender. Podo traballar". Desde o Sinde sumámonos a esta conmemoración co seguinte vídeo:

O teu navegador non soporta este vídeo.

 

3 de decembro "Día da disCAPACIDADE"

O alumnado de Sinde amosou ter capacidades moi interesantes e distintas que nos lembran que ser diferentes é moi divertido.

Con este video conmemoramos o día da disCAPACIDADE.

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2020/2021.

 

Dende o 9 de agosto ata o 30 de setembro está aberto o prazo para solicitar as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que cursen ensinazas de infantil ou primaria neste curso 2020/2021.

No seguinte enlace, podedes acceder á web do Ministerio de Educación e obter toda a información relativa a estas axudas:

 

TIPOS DE BECAS ANEAE

REQUISITOS

 

A modo de resumo, o alumnado que poderá solicitar estas becas será o alumnado que conte con informe no que se ditamine que esté nalgunha das seguintes situacións: DISCAPACIDADE; TRASTORNO GRAVE DE CONDUTA; TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA; ALTAS CAPACIDADES.

 

As familias que teñades fillos/as nalgunha destas situacións, acudide ao gabinete ao que asiste para que vos axuden a tramitalas. Se tedes algunha dúbida, chamade por teléfono ao cole a partir do día 1 de setembro para solicitar información ou ben escribide un email ao seguinte correo electrónico: doceipsinde@gmail.com.

Os/as que queirades realizar a tramitación de maneira telemática dende a vosa casa, podedes facelo no seguinte enlace:

 

SOLICITAR BECA ANEAE

 

RESOLUCIÓN DE BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (NEAE)

IMPORTANTE!

Xa publicado na web do Ministerio de Educación e Formación Profesional a resolución das becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Para consultar toda a información, clicade no seguinte enlace: 

BECAS ANEAE INFANTIL

BECAS ANEAE PRIMARIA

 

Na sede electrónica poderedes consultar a concesión ou denegación da beca de maneira individual, pois non é posible visualizar as listaxes pola protección de datos.

O "síndrome de la cabaña": Consellos para que os nenos/as saian á rúa.

A continuación, comparto con vós, familias, información moi interesante e necesaria seguramente nalgúns

casos. Trátase do artigo publicado na páxina EDUCACIÓN 3.0 " El síndrome de la cabaña", que ademais de

explicarvos de qué se trata, intenta axudarvos aos que estedes nesta situación.

 

(Preme na seguinte imaxe para acceder ao artigo)

SÍNDROME DE LA CABAÑA

UN DIARIO EMOCIONANTE: PARTE 15.

Con esta actividade, finalizamos o DIARIO EMOCIONANTE. Agora tócavos a vós escribir as emocións que ides sentindo día a día. Recordade que agora tedes moitos recursos para controlar as vosas emocións.

 


 

UN DIARIO EMOCIONANTE: PARTE 14.

Xa tedes a actividade 6. É importante que a partir de agora, o fagades todos os días para reflexionar nun futuro (cando cubrades toda a máquina de chicles) sobre a emoción que vos definiría mellor nesta situación.

 


 

Powered by Drupal - Design by artinet