blogue de_Voz Natura

ASÍ ESTÁN OS NABOS

O alumnado de 5º xa pode ver o froito do seu traballo na súa parcela, así de bonitos están os nabos.

Teñen as sementes das cenorias xa case preparadas para transplantalas.

HERBARIO DE 5º DE PRIMARIA

O alumnao de 5º de primaria comezou a recoller plantas e secalas para ir facendo un herbario.Esperamos o resultado final!

                           

4º DE INFANTIL

Os alumnos e alumnas máis pequenos/as do cole tamén teñen a súa parecela na horta, aquí vos deixo unhas fotos de como limpaban e plantaban coles de bruselas.

PLANTAMOS CANÓNIGOS

O alumnado de 5º de educación infantil fixeron a primeira plantación deste curso.Despois de limpar e abonar a parcela plantaron canónigos.Aquí vos deixo unhas fotos.

O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA TRABALLA NA HORTA.

O alumnado de 2º comezou a traballar na horta, plantamos coliflores de tres cores diferentes:branca,morada e laranxa.Xa temos ganas de velas!

Tamén plantamos unhas sementes de leitugas.


O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA NA HORTA, SEMENTANDO NABOS.

SEMENTES               ABOARON CON ARGAZO              PLANTARON E REGARON

EMPEZAMOS A LIMPAR AHORTA!!

   O alumnado de 6º de educación infantil comezou coas tarefas de limpeza da horta escolar.

A ÁRBORE DO AMOR

   O día 25 de setembro para remomerar o día da folga polo clima do curso 2019, o alumnado de 1º de primaria plantou no xardín do centro a árbore do amor (Cercis siliquastrum), agasallo do CEIP de Budiño o curso pasado na xuntanza que fixemos no mes de marzo.

Plantaron xunto coa árbore un desexo que escribiron nun papel.

Que se cumpran os vosos desexos!!

Aquí vos deixo algunhas fotos.

CURSO 2020-2021

 

                                                                                                                          Arranca la edición 24 de Voz Natura

                                                                       CURSO 2020-2021

EMPEZAMOS UN NOVO CURSO, UN CURSO CUNHA NOVA NORMALIDADE NA QUE PRECISAMOS DUNHAS MEDIDAS PARA MANTER A SEGURIDAE NA REALIZACIÓN DAS TAREFAS NO HORTO ESCOLAR.

AQUÍ VOS DEIXO AS MEDIDAS RECOLLIDAS NO "PLAN  DE ADAPTACIÓN  Á SITUACIÓN COVID19  PARA O CURSO 2020-2021 NO CEIP MANUEL RODRIGUEZ SINDE"

Medidas específicas para o uso do HORTO ESCOLAR

O alumnado irá acompañado polo mestre/a encargado do grupo, a saída será ordenada e continua, de 1 en 1, deixando a distancia de seguridade ata chegar ao horto, evitándose a formación de aglomeracións de alumnado.

Só poderá estar no horto escolar un grupo de alumnos da mesma clase, evitando a simultaneidade con outros alumnos/as doutros cursos.

Unha vez feitos os horarios cada curso que queira traballar no horto escolar escollerá un día da semana para utilizar este espazo.

Realizarase hixiene de mans como en calquera outra actividade lectiva.

O uso de material común como ferramentas, carretilla, mangueiras… será exclusivo do grupo que por horario lle corresponda ese día o traballo de horto.

As ferramentas quedarán gardadas nas súas cestas e dentro do armario ata o día seguinte para ser usado por outro grupo.

Se  no mesmo día en diferente horario dous cursos fan uso do horto escolar deberán desinfectar todo o material empregado.

 

CURSO 2019-2020

CURSO 2019-2010

INICIAMOS O CURSO  VOZ NATURA 2019-2020 COA FOLGA XERAL POLO CLIMA.

Organizouse unha saída intercentros Voz Natura: As Solanas, A Sangriña, Avelaiña e o Sinde.

Nas aulas fixemos carteis referentes ao coidado do planeta.Preparamos a canción "No mateis mi planeta" da serie "Verano azul".O alumnado de 6º preparou un manifesto.

A actividade estaba programada para  o venres 27 de setembro cunha xuntanza de todos os centros no Castelo de Santa Cruz, pero polas inclemencias do tempo trasladouse para o venres seguinte.

CARTEIS DAS AULAS

CONVIVENCIA POLO CLIMA NO CASTELO DE SANTA CRUZ

 

 

 

MEDIDAS COVID 19 NO HORTO ESCOLAR

 

                                                                               

Distribuir contido