Actividades

VOZ NATURA

INICIAMOS O CURSO  VOZ NATURA 2019-2020 COA FOLGA XERAL POLO CLIMA.

Organizouse unha saída intercentros Voz Natura: As Solanas, A Sangriña, Avelaiña e o Sinde.

Nas aulas fixemos carteis referentes ao coidado do planeta.Preparamos a canción "No mateis mi planeta" da serie "Verano azul".O alumnado de 6º preparou un manifesto.

A actividade estaba programada para  o venres 27 de setembro cunha xuntanza de todos os centros no Castelo de Santa Cruz, pero polas inclemencias do tempo trasladouse para o venres seguinte.

CARTEIS DAS AULAS

 

 

AXUDA A COMPOSTAR

Xa está todo preparado para empezar a facer COMPOST.

Deixamos aquí un video e un PDF para que vexades en que consiste a compostaxe.

 

COMO FACER COMPOST PDF

 

Folga do clima

 

O alumnado do Sinde foi ao Castelo de Santa Cruz en apoio da Folga Mundial polo Clima. Alí, en convivencia co alumnado doutros centros, leron un manifesto, cantaron unha canción e plantaron landras en zapatos.

 

Powered by Drupal - Design by artinet