TABOLEIRO DE ANUNCIOS
NOVIDADES
|
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL Aberto ata o 21 de xuño o prazo de solicitude de participación no fondo solidario e nas axudas para a adquisición de material Aberto ata o 20 de setembro de 2023 o prazo para a solicitude de becas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
|
MATRÍCULA
|
Publicadas no taboleiro da entrada ao centro as listaxes de alumnado admitido para o curso 2023-2024 (todas as solicitudes obtiveron praza). Información sobre os procesos de reserva de praza e matrícula
|
PROGRAMACIÓNS E RECLAMACIÓNS
|
Programacións didácticas de 2º, 4º e 6º de primaria nesta ligazón. Inclúe os criterios de promoción. As demais están á espera de aprobación pola Inspección educativa.
Procedemento de reclamación ás cualificacións ou á decisión de promoción do alumnado.
|
LEXISLACIÓN
|
Resolución do 26 de maio de 2022 que dita instrucións para o desenvolvemento do curso 22-23.
|
ANPA CITANIA
|
|
VARIOS
|
Arranca a 2ª temporada de Radio Papaventos. Todos os programas aquí.
|
Historia da Guarda
A aula de 3º de primariado curso 2012/2013 creou no seu día este vídeo cos datos máis relevantes da historia da Guarda.
Vacacións de Semana Santa
As vacacións de Semana Santa abarcan desde o 1 ata 10 de abril ambos incluídos. Regresamos ás aulas o martes día 11 de abril.
LOGOTIPO DE RADIO PAPAVENTOS
Trala celebración do Concurso para a elección do logotipo de Radio Papaventos, xa podemos anunciar que o seguinte foi o deseño gañador:
Parabéns á gañadora e moitas grazas a todo o alumnado e familias participantes!
CONCURSO LOGOTIPO RADIO PAPAVENTOS
Este curso participamos no programa Radio na biblio. Dentro deste queremos contar cun logotipo para a nosa Radio Papaventos. Polo tanto, convocamos o seguinte concurso:
- O logotipo para a Radio Papaventos deberá estar relacionado coa radio e co nome desta.
- Poderá participar tanto o alumnado coma as súas familias.
- O logotipo será escollido polo equipo de biblioteca e o de radio.
- O alumnado usará a plantilla dispoñible para debuxar o seu logotipo e entregará o seu deseño (1 por neno/a) á súa titora.
- O prazo de entrega de deseños remata 31 de xaneiro de 2023.
- Poderase declarar o premio deserto.
Sorteo das cestas de Nadal
Números premiados no sorteo das cestas de Nadal organizado pola ANPA Citania:
Fin do trimestre
INFORMACIÓN SOBRE O REMATE DO TRIMESTRE
- O período de vacacións de Nadal abrangue desde o día 23 de decembro ata o día 6 de xaneiro de 2023. As clases comezarán o luns día 9 de xaneiro de 2023.
- O martes día 20 de decembro, en horario de 16:00 a 19:00 horas, o profesorado recibirá ás familias que o desexen para informar sobre o rendemento académico do alumnado durante este primeiro trimestre.
- Os boletíns de cualificacións entregaránselles ao alumnado o xoves, día 22 e tamén serán publicados en Abalar móbil.
- O mércores21 de decembro, a partir das 9:30 horas teremos no ximnasio o festival de Nadal para as familias, ao que estades todas e todos invitados/as
- O xoves 22, o festival será para o alumnado do colexio a partir das 9:30 horas. Recibiremos aos Reis Magos e degustaremos a chocolatada organizada pola ANPA. Formas de colaborar:
- Para xerar o menor número de refugallos posibles invitámosvos a que cada nena e cada nenotraian da casa unha cunca de asa para o chocolate- Aportando 50 céntimos que serán entregados ás titoras.
- Botando unha man para levala a cabo (montar mesas, preparar chocolate, servir, recoller,...)
- Participando no concurso de biscoitos caseiros. Os xuíces serán os reis magos e o resto repartirase entre o alumnado como acompañamento ao chocolate
- Para as dúas últimas é preciso informar previamente a través do correo: info@anpacitania.es
- Tamén vos convidamos a presenciar a participación do alumnado nos xogos que se levarán a cabo no pavillón o xoves día 22 a partir das 13:15 horas aproximadamente.
BOAS FESTAS!
Resultados das eleccións ao Consello Escolar
No taboleiro situado na porta de acceeso ao centro está dispoñible a información sobre os resultados das votacións para as eleccións de representantes do profesorado e das familias ao Consello Escolar.
Día de conveniencia pedagóxica
O 2 de maio de 2023 foi escollido como Día de Conveniencia Pedagóxica polo que non haberá clases de acordo coa
Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR.- CUADRIENIO 2022-2026
COMUNICACIÓN Á COMUNIDADE ESCOLAR SOBRE O INICIO DO PROCESO ELECTORAL
Ponse en coñecemento da Comunidade Educativa (mestres/as, pais/nais e persoal de administración e servizos) deste Centro que o pasado venres, 28 de outubro, ás 14:00 horas, na secretaría do centro iniciouse o proceso de eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar, coa elección por sorteo público dunha mestra ou mestre, unha representante do persoal non docente e unha persoa representande das familias para a composición XUNTA ELECTORAL . Os resultados do sorteo están publicados no taboleiro da entrada ao centro.
Nestas eleccións corresponde renovar 3 representantes do profesorado, 2 representantes do sector pais/nais e o representante do persoal de administración e servizos.
Sorteo da xunta electoral para as eleccións ao consello escolar
De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, realizarase proximamente neste Centro a renovación dos membros do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.
O vindeiro venres día 28 de outubro de 2022, ás 8:55 horas na secretaría do Centro, procederase ao sorteo público –ao que vostedes poden asistir– para a designación dos membros da Xunta Electoral que se encargará de velar polo correcto funcionamento do proceso de renovación do Consello Escolar deste Centro.
A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, ei ntegrada por:
-O Director do Centro.
-Un profesor ou profesora.
-Un pai ou nai ou titor legal.
-Un/ha representante do persoal de administración e servizos
Información sobre os piollos
No seguinte gráfico tedes información do Ministerio de Sanidade sobre prevencións contra os piollos:
e na seguinte ligazón hai información do Sergas sobre como combatelos.
Festivo local
O venres día 23 de setembro non haberá clases por ser día festivo na nosa localidade.
Nós tamén creamos
O alumnado de 3º e 4º de Primaria participou no programa "Nós tamén creamos" de Proxecta+. Nel realizaron unha curtamentraxe coa técnica stopmotion. Velaí o resultado:
E no seguinte vídeo podedes ver o Making-of