Historia da Guarda

A aula de 3º de primariado curso 2012/2013 creou no seu día este vídeo cos datos máis relevantes da historia da Guarda.

Vacacións de Semana Santa

1 Abr 2023 00:00
10 Abr 2023 23:59
Europe/Madrid

As vacacións de Semana Santa abarcan desde o 1 ata 10 de abril ambos incluídos. Regresamos ás aulas o martes día 11 de abril.

LOGOTIPO DE RADIO PAPAVENTOS

Trala celebración do Concurso para a elección do logotipo de Radio Papaventos, xa podemos anunciar que o seguinte foi o deseño gañador:

 

 

Parabéns á gañadora e moitas grazas a todo o alumnado e familias participantes!

 

CONCURSO LOGOTIPO RADIO PAPAVENTOS

Este curso participamos no programa Radio na biblio. Dentro deste queremos contar cun logotipo para a nosa Radio Papaventos. Polo tanto, convocamos o seguinte concurso:

  1. O logotipo para a Radio Papaventos deberá estar relacionado coa radio e co nome desta.
  2. Poderá participar tanto o alumnado coma as súas familias.
  3. O logotipo será escollido polo equipo de biblioteca e o de radio.
  4. O alumnado usará a plantilla dispoñible para debuxar o seu logotipo e entregará o seu deseño (1 por neno/a) á súa titora.
  5. O prazo de entrega de deseños remata 31 de xaneiro de 2023.
  6. Poderase declarar o premio deserto.

Sorteo das cestas de Nadal

Números premiados no sorteo das cestas de Nadal organizado pola ANPA Citania:

Cesta 1 - 0389
Cesta 2 - 0399
Cesta 3 - 0098
Cesta 4 - 0090
Cesta 5 - 0912
Cesta 6 - 1302
Cesta 7 - 1261
Cesta 8 - 0926

Fin do trimestre

INFORMACIÓN SOBRE O REMATE DO TRIMESTRE

  • O período de vacacións de Nadal abrangue desde o día 23 de decembro ata o día 6 de xaneiro de 2023.  As clases comezarán o luns día 9 de xaneiro de 2023.
  • O martes día 20 de decembro, en horario de 16:00 a 19:00 horas, o profesorado recibirá ás familias que o desexen para informar sobre o rendemento académico do alumnado durante este primeiro trimestre.
  • Os boletíns de cualificacións entregaránselles ao alumnado o xoves, día 22 e tamén serán publicados en Abalar móbil.
  • O mércores21 de decembro, a partir das 9:30 horas teremos no ximnasio o festival de Nadal para as familias, ao que estades todas e todos invitados/as
  • O xoves 22, o festival será para o alumnado do colexio a partir das 9:30 horas. Recibiremos aos Reis Magos e degustaremos a chocolatada organizada pola ANPA. Formas de colaborar:            
    • Para xerar o menor número de refugallos posibles invitámosvos a que cada nena e cada nenotraian da casa unha cunca de asa para o chocolate- Aportando 50 céntimos que serán entregados ás titoras.
    • Botando unha man para levala a cabo (montar mesas, preparar chocolate, servir, recoller,...)
    • Participando no concurso de biscoitos caseiros. Os xuíces serán os reis magos e o resto repartirase entre o alumnado como acompañamento ao chocolate
    • Para as dúas últimas é preciso informar previamente a través do correo: info@anpacitania.es
  • Tamén vos convidamos a presenciar a participación do alumnado nos xogos que se levarán a cabo no pavillón o xoves día 22 a partir das 13:15 horas aproximadamente.

 

BOAS FESTAS!

 

 

Resultados das eleccións ao Consello Escolar

No taboleiro situado na porta de acceeso ao centro está dispoñible a información sobre os resultados das votacións para as eleccións de representantes do profesorado e das familias ao Consello Escolar.

Día de conveniencia pedagóxica

2 Maio 2023 00:00
2 Maio 2023 23:59
Europe/Madrid

O 2 de maio de 2023 foi escollido como Día de Conveniencia Pedagóxica polo que non haberá clases de acordo coa
Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR.- CUADRIENIO 2022-2026

COMUNICACIÓN Á COMUNIDADE ESCOLAR SOBRE O INICIO DO PROCESO ELECTORAL

 

Ponse en coñecemento da Comunidade Educativa (mestres/as, pais/nais e persoal de administración e servizos) deste Centro que o pasado venres, 28 de outubro, ás 14:00 horas, na secretaría do centro iniciouse o proceso de eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar, coa elección por sorteo público dunha mestra ou mestre, unha representante do persoal non docente e unha persoa representande das familias para a composición XUNTA ELECTORAL . Os resultados do sorteo están publicados no taboleiro da entrada ao centro.

Nestas eleccións corresponde renovar 3 representantes do profesorado, 2 representantes do sector pais/nais e o representante do persoal de administración e servizos.

 

 

Sorteo da xunta electoral para as eleccións ao consello escolar

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, realizarase proximamente neste Centro a renovación dos membros do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

 

O vindeiro venres día 28 de outubro de 2022, ás 8:55 horas na secretaría do Centro, procederase ao sorteo público –ao que vostedes poden asistir– para a designación dos membros da Xunta Electoral que se encargará de velar polo correcto funcionamento do proceso de renovación do Consello Escolar deste Centro.

 

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, ei ntegrada por:

 -O Director do Centro.

 -Un profesor ou profesora.

 -Un pai ou nai ou titor legal.

-Un/ha representante do persoal de administración e servizos

 

Información sobre os piollos

 

No seguinte gráfico tedes información do Ministerio de Sanidade sobre prevencións contra os piollos:consellos ministerio

e na seguinte ligazón hai información do Sergas sobre como combatelos.

Festivo local

23 Set 2022 00:00
23 Set 2022 23:59
Europe/Madrid

O venres día 23 de setembro non haberá clases por ser día festivo na nosa localidade.

Nós tamén creamos

O alumnado de 3º e 4º de Primaria participou no programa "Nós tamén creamos" de Proxecta+. Nel realizaron unha curtamentraxe coa técnica stopmotion. Velaí o resultado:

E no seguinte vídeo podedes ver o Making-of

Powered by Drupal - Design by artinet