Este curso participamos no programa Radio na biblio. Dentro deste queremos contar cun logotipo para a nosa Radio Papaventos. Polo tanto, convocamos o seguinte concurso:
- O logotipo para a Radio Papaventos deberá estar relacionado coa radio e co nome desta.
- Poderá participar tanto o alumnado coma as súas familias.
- O logotipo será escollido polo equipo de biblioteca e o de radio.
- O alumnado usará a plantilla dispoñible para debuxar o seu logotipo e entregará o seu deseño (1 por neno/a) á súa titora.
- O prazo de entrega de deseños remata 31 de xaneiro de 2023.
- Poderase declarar o premio deserto.