Clase de Educación Física

Sesión de EF para 4º,5º e 6º Primaria

Ola a tod@s.

 

 

 

Xa estamos na semana final do curso 2019/2020, así que estas tamén son as derradeiras sesións de EF deste curso. Lembrade que agora xa podedes xogar e facer exercicio físico ao aire libre (na praia, no parque, no monte...). Non esquezades lavar as mans con xabón bastantes veces durante o día. Desexo que pasedes unhas estupendas vacacións coas vosas familias e que vos coidedes tod@s moito. Eu xa me despido de vós ata o próximo curso con estas dúas sesións            https://youtu.be/uQcpBqRRtsk         e            https://youtu.be/LhEWTY_gPhE

 

Sesión de EF para 1º,2º e 3º de Primaria

Ola a tod@s.

 

Xa estamos na semana final do curso 2019/2020, así que estas tamén son as derradeiras sesións de EF deste curso. Lembrade que agora xa podedes xogar e facer exercicio físico ao aire libre (na praia, no parque, no monte...). Non esquezades lavar as mans con xabón bastantes veces durante o día. Desexo que pasedes unhas estupendas vacacións coas vosas familias e que vos coidedes tod@s moito. Eu xa me despido de vós ata o próximo curso con estas dúas sesións               https://youtu.be/w88OSaoMeW8            e                   https://youtu.be/usPFdyyN67k

Sesión para Infantil

Ola a tod@s.

Xa estamos na semana final do curso 2019/2020, así que esta tamén é a derradeira sesión de psicomotricidade deste curso. Lembrade que agora xa podedes xogar e facer exercicio físico ao aire libre (na praia, no parque, no monte...). Non esquezades lavar as mans con xabón bastantes veces durante o día. Desexo que pasedes unhas estupendas vacacións coas vosas familias e que vos coidedes tod@s moito. Eu xa me despido de vós ata o próximo curso con esta sesión    https://youtu.be/TPTVONQRCKw

Sesión para Infantil, 1º e 2º Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a segunda sesión de EF da semana que vai do 8 ao 12 de xuño. Trátase dunha sesión de iniciación ao Pilates que é axeitada para nen@s de 5 a 8 anos. O único que necesitamos é unha alfombra e a axuda dunha persoa adulta para  facer correctamente os exercicios. Agardo que vos guste. Así que moi atent@s ao seguinte vídeo  https://youtu.be/Pw_MKWAK4V8

Saúdos.

Sesión de EF para 3º,4º,5º e 6º Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a segunda sesión de EF da semana que vai do 8 ao 12 de xuño. Trátase dunha sesión con exercicios moi sinxelos de Pilates. O único material que necesitamos é unha esterilla ou alfombra. Agardo que vos guste. Agora moi atent@s ao seguinte vídeo    https://youtu.be/CSiB-NNBQ8I

Saúdos.

Sesión para Infantil, 1º e 2º Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a primeira sesión de EF da semana que vai do 8 ao 12 de xuño. Podémola realizar no salón da nosa casa, pero necesitamos que nos axude un adulto nalgúns exercicios. O material que imos empregar son 3 bolsas de plástico, varias botellas de plástico, balóns e pelotas de distintos tamaños, varios peluches, varios folios usados para facer avións de papel coa axuda do adulto e 2 cestos de recoller a roupa.

Trátase dunha sesión de lanzamentos e recepcións de distintos obxectos, que temos que realizar seguindo con moita atención o seguinte vídeo https://youtu.be/s4DTDV3J1hk

Saúdos.

Sesión de EF para 3º,4º,5º e 6º Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a primeira sesión de EF da semana que vai do 8 ao 12 de xuño. Podemos desenvolvela no salón da nosa casa. O material que necesitamos son 5 pelotiñas, 5 calcetíns para envolver as pelotiñas, 10 rolos de papel hixiénico, cinta adhesiva, 3 cestos de distintos tamaños, cintas de plástico para construír unha indiaka coa axuda dun adulto (collemos as cintas de plástico e pegámolas nunha pelotiña coa cinta adhesiva), 5 vasos de plástico e 5 canicas.

Trátase dunha sesión de lanzamentos e recepcións que temos que realizar seguindo con atención o seguinte vídeo   https://youtu.be/PQgJFDhK7TI

Saúdos.

Sesión de EF para 1º e 2º de Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a segunda sesión de EF da semana que vai do 1 ao 5 de xuño. Necesitamos a colaboración doutra persoa e un balón suave para desenvolver os exercicios que aparecen no seguinte vídeo (que podemos repetir varias veces)   https://youtu.be/gdPtsodkf5s

Saúdos.

 

Sesión de EF para 3º,4º,5º e 6º Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a segunda sesión de EF da semana que vai do 1 ao 5 de xuño. ïmola desenvolver no corredor da nosa casa e o único material que necesitamos é un globo inflado. A sesión consta de 3 partes:

1) quecemento: percorremos o corredor camiñando o máis rápido posible mentres golpeamos o globo coas mans para evitar que caia ao chan;

2) parte principal: traballamos abdominais superiores, abdominais inferiores, facemos flexións de brazos, saltos á pata coxa e sentadillas (sempre tocando ao mesmo tempo o globo tal como nos amosa o seguinte vídeo  https://youtu.be/DzpwY-CVsmY

3) parte final: inventamos dous exercicios novos nos que haxa que golpear o globo.

Saúdos.

Sesión de EF para 3º,4º,5º e 6º Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a primeira sesión de EF da semana que vai do 1 ao 5 de xuño. Imos desenvolvela nun habitación da nosa casa e o material que necesitamos é unha alfombra mediana, unha bolsa de plástico, 3 pares de calcetíns e unha papeleira. A sesión consta das seguintes partes: 

1) quecemento;
2) parte principal, formada por dous retos, o reto da bolsa de plástico e o reto de encestar calcetíns;

3) relaxación final na alfombra mediante o ioga.

Temos todos os detalles no seguinte vídeo  https://youtu.be/VoJg6RufST0

 

Saúdos.

Sesión de EF para 1º e 2º de Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a primeira sesión de EF da semana que vai do 1 ao 5 de xuño. Imos desenvolvela nunha habitación da nosa casa e o material que imos empregar é cinta adhesiva de embalar, folios reciclados (usados) e un antefaz. A sesión consta dunha primeira parte de quecemento e de tres xogos:

1) necesitamos da colaboración doutra persoa para facer o xogo do espello, no que un vai facendo distintos movementos sen saír do sitio e o outro ten que imitalo (intercambiando despois as funcións);

2) marcamos no chan coa cinta adhesiva un cadrado grande que ten dentro catro cadrados máis pequenos cun número dentro de cada un deles e temos que comezar saltando dende fóra a dentro dun deles dicindo en voz alta o número que hai dentro, a outra persoa que nos acompaña fai o mesmo pero salta ademais un cadrado máis, nós repetimos os seus saltos e engadimos un máis e así sucesivamente (é un xogo de saltos coas pernas xuntas e de memoria);

3) colocamos os folios reciclados no chan formando varias liñas rectas, colocamos o antefaz e a persoa que nos acompaña vai guiándonos (se nos toca na cabeza damos un paso adiante, se nos toca no ombro dereito damos un paso á dereita e se nos toca no ombro esquerdo damos un paso á esquerda), despois cambiamos os papeis.

O seguinte vídeo axudaranos a entendelo todo mellor   https://youtu.be/aiLelnivBGo

Saúdos.

Sesión para Infantil

Ola a tod@s.

Esta é a sesión de psicomotricidade da semana que vai do 1 ao 5 de xuño. Ímola desenvolver por toda a nosa casa e o material que imos empregar é papel, cinta adhesiva de embalar, un balón e un libro. A sesión consta de 5 exercicios:

1) de pé, equilibrámonos durante uns segundos sobre unha perna, despois igual sobre a outra e repetimos aumentando o tempo no que estamos en equilibrio;

2) necesitamos a axuda doutra persoa para colocar o balón sobre a almofada e mover esta por toda a casa sen que caia o balón (cada un colle a almofada por un extremo e o balón vai solto no medio da mesma);

3) pegamos tiras de papel polo chan ou directamente cinta adhesiva de embalar e xogamos a camiñar por riba, sen saír da liña marcada no chan;

4) colocamos un libro sobre a nosa cabeza e percorremos toda a casa sen que caia (non vale agarrar nin tocar o libro); 

5) de pé e coas pernas xuntas, baixamos o tronco e tentamos tocar as puntas dos pés (sen flexionar os xeonllos), despois facemos o mesmo coas pernas ben separadas.

O seguinte vídeo axudaranos a entender mellor os exercicios  https://youtu.be/0v0RkwugIDY

Saúdos.

Sesión para 1º e 2º Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a segunda sesión de EF da semana que vai do 25 ao 29 de maio. Necesitamos unha habitación cunha zona despexada de obstáculos e unha alfombra mediana ou grande. Esta sesión consta de dúas partes:

1) quecemento, dar 5 voltas trotando en círculo no sentido das agullas do reloxo, arrastrarse polo chan cruzando a habitación, dar 5 voltas trotando no sentido contrario ás agullas do reloxo  (repetir este conxunto varias veces);

2) acrosport en familia, para facer estes exercicios necesitamos descalzarnos, que nos axude un adulto e seguir con moita atención o seguinte vídeo para realizar sobre a alfombra os exercicios que máis vos gusten e que aparecen aquí    https://youtu.be/YziCw1eRGCc

Saúdos.

 

 

Sesión de EF para 3º,4º,5º e 6º Primaria

Ola a tod@s.

Nesta segunda sesión de EF da semana que vai do 25 ao 29 de maio necesitamos unha habitación da casa na que haxa unha zona sen obstáculos. O material que necesitamos é unha cadeira e dous paquetes pequenos de arroz. A sesión consta de 3 partes: 

1) quecemento, colocamos a cadeira e corremos en círculos arredor dela, damos cinco voltas completas no sentido das agullas do reloxo,entón arrastrámonos por debaixo dela e despois corremos cinco voltas no sentido contario ás agullas do reloxo, arrastrámonos por debaixo dela e repetimos todo varias veces;

2) parte central, formada por varios exercicios que imos facer durante 20 segundos, deixando 10 segundos de descanso ata o seguinte exercicio; a) levantarse e sentarse na cadeira sen parar; b) poñerse de pé detrás da cadeira, apoiar as mans no respaldo da mesma e poñerse "de puntillas" sobre os dous pés xuntos, apoiar as plantas dos pés e poñerse de novo "de puntillas", repetir varias veces; c) deitarse no chan boca arriba e subir ambas pernas rectas e unidas ata que queden totalmente verticais, baixámolas lentamente e repetimos; d) deitarse no chan lateralmente (sobre un costado) e subir recta a perna de arriba, cambiar de costado e facer o mesmo coa outra perna, repetir; e) facer flexións no chan; f) poñerse en posición de plancha no chan, boca abaixo, apoiando os antebrazos e as puntas dos pés no chan; g) coller un paquete de arroz con cada man, poñer os brazos pegados aos nosos costados, subir os brazos rectos ata que queden en cruz (paralelos ao chan), baixar lentamente e repetir; h) estirar os brazos rectos por diante de nós, poñer as palmas das mans hacia arriba agarrando os paquetes de arroz e flexionar os brazos para achegar os paquetes á nosa cara, repetir con rapidez; @s que poidan teñen que repetir todo este conxunto de exercicios varias veces;

3) parte final, facemos malabares lanzando e recollendo ( sen que caian) un ou os dous paquetes de arroz.

Saúdos.

Sesión de EF para 3º,4º,5º e 6º Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a primeira sesión de EF para 3º,4º,5º e 6º da semana que vai do 25 ao 29 de maio. Podémola desenvolver nunha habitacion da casa que teña algo de espazo libre. O único material que necesitamos é un coxín e seguir con moita atención o seguinte vídeo (ollo, porque nalgunhas ocasións poderemos escoller entre dous exercicios distintos)  https://youtu.be/2PtHfTLu35o

Saúdos.

Powered by Drupal - Design by artinet