Actividades

DÍA DO AUTISMO

 

 Queremos que toda a cidadanía coñeza mellor o Autismo e para iso o noso alumnado creou estes vídeos explicativos sobre o mesmo. Agardamos que vos sexan de utilidade e que as persoas con autismo cheguen a unha inclusión plena e efectiva.

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

O pasado venres día 2 celebrouse o Día Mundial do Autismo co lema "Podo aprender. Podo traballar". Desde o Sinde sumámonos a esta conmemoración co seguinte vídeo:

O teu navegador non soporta este vídeo.

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

 

Para conmemorar o Día da Discapacidade, no centro fixéronse distintas actividades nas que se tentou concienciar ao alumnado do significado de discapacidade e das posibilidades e necesidades que estas persoas teñen.

Dúas monitoras de GOGAMI, coa axuda do profesorado, realizaron unha xincana inclusiva para as nenas e os nenos de Primaria. Para o alumnado de infantil foron Nerea e Alberto quenes fixeron actividades similares. Velaí un pequeno resumo:

 

 

 

LA CINTURA

 

 

O alumnado de 6º inventou unha coreografía e ensinóunala a todo o cole. Despois gravámola e quedou así de chula:

 

Salir corriendo

O alumnado de sexto creou este vídeoclip contra todo tipo de violencia no seu tempo de lecer no centro. A música é Salir corriendo de Amaral.

LIPDUB DO DÍA DA PAZ

A PAZ COMEZA CUN SORRISO, POR ISO SOMOS UNHA ESPIRAL DE ALEGRÍA.

Fermoso lipdub no que, coa coordinación do San Xerome, participamos todos os centros escolares de A Guarda para conmemorar o Día escolar pola paz.

CAMPAÑA SOLIDARIA DE TAPAS E TAPÓNS

No cole estamos a levar a cabo unha campaña solidaria de recollida de tapas e tapóns para Paula de Boiro. A participación é extraordinaria dende os pequenos ata os máis maiores do centro.
Ánimo, seguide así. MOITAS GRAZAS

Día da paz.

CEIP Manuel Rodríguez Sinde. Día da paz 2012 on PhotoPeach

Día da Paz. Vídeo contra a violencia de xénero

Os rapaces e as rapazas de sexto adicaron parte dos seus recreos a crear este videoclip de repulsa da violencia de xénero. A canción é "Se acabaron las lágrimas" de Huecco.

Powered by Drupal - Design by artinet