Entroido

ENTROIDO 2021

entroido

Como xa ven sendo tradición, a partir do día 8 celebramos a semana do Meco no Sinde.

As consignas son as seguintes:

Se pelegrín queres ser
o luns sombreiro deberás traer .
Para poder camiñar
No caxato, o martes, vaste apoiar.
O mércores un descanso has de facer
e pola vieira vante coñecer.
Para o xoves chegar primeiros
poñemos unha capa nos ombreiros.

O venres poden vir disfrazados como queiran e tamén traer unha merenda típica do entroido.

 

 

ENTROIDO 2020

A continuación tedes un video resumo do entroido deste ano.

ENTROIDO 2020

Este ano Superlector quere que aprendamos que as cores non son de nenos nin de nenas por iso nos pide que cada día do entroido traiamos unha cor nas nosas vestimentas.

Non teñen xénero

as cores do arco da vella

o luns comezamos

traendo roupa vermella.

                  

Aquí ninguén perde,

o martes vestid@s de verde.

          O mércores, que subidón!

vimos tod@s de marrón.

Para ter unha xornada fermosa

o xoves vestid@s de rosa.

 

       O día 21 de febreiro  realizaremos as seguintes actividades no Centro:

·        10:50 horas: xogos no pavillón.

·        12:00 horas: chocolatada ofrecida pola ANPA e degustación de sobremesas do entroido achegadas polas familias.

·        13:00 horas: desfile no Centro ao que estades convidadas/os a asistir.

As familias que o desexen poden colaborar achegando algunha sobremesa típica desta época do ano (filloas, orellas,...)

Os disfraces estarán relacionados con diversos aspectos do mar, que é a temática que este ano se está a traballar no centro.

                                   As vacacións do Entroido abranguen os días 24, 25 e 26 de febreiro.

O MECO 2019

ENTROIDO 2017

TRABALLANDO O PROXECTO DE CENTRO "PLÁSTICAMENTE TODO",COÑECEMOS A MOITOS PINTORES QUE NOS INSPIRARON OS DISFRACES DESTE ANO:DIEGO RIVERA,MONDRIAN,DALÍ,VELÁZQUEZ...FACENDO UN DESFILE MOI VISTOSO.

Entroido 2014

ASÍ FOI O NOSO FANTÁSTICO ENTROIDO

 

Entroido 2012

 

ENTROIDO 2012

Despois de dias de traballo por parte dos/as alumnos/as e dos/as mestres/as, o venres 17 de febreiro con un día soleado saímos polas rúas da nosa vila xunto cos outros centros do pobo.

Un desfile cheo de color e alegria, un bó comezo para estas festas de entroido. 

FOTOS

Powered by Drupal - Design by artinet