Actividades aula de música

La cintura

 

 

O alumnado de sexto inventou unhas coreografías para a canción La cintura de Álvaro Soler. Logo ensinóunolas a todo o cole, gravámolas e quedaron asi de chulas:

 

Aviso: Temos pequenos atrancos co formato que estamos tratando de subsanar. Desculpade as molestias.

 

LA CINTURA

 

 

O alumnado de 6º inventou unha coreografía e ensinóunala a todo o cole. Despois gravámola e quedou así de chula:

 

Anuncios publicitarios

Nas clases de música o alumnado estivo traballando os dereitos de autor. Descubriron que existe música que podes usar libremente. Aplicaron o aprendido creando anuncios publicitarios sobre o cole. Fixeron ou obtiveron as fotos, descargaron música "Creative commons" e montaron os vídeos. Que vos parece o resultado? Foron convincentes?

 

 

Danza: Bourrée de Haendel

O alumnado de 1º de Primaria fixo unha danza coa música da Bourrée da Música acuática de Haendel.

 

 

INAUGURAMOS BLOGUE

IMOS A FACER UN BLOGUE NO QUE RECOLLER ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE IMOS FACENDO AO LONGO DO CURSO.

COMEZAMOS CUN BAILE DO ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA.

 

O carillón de Dunkerque

O alumnado de 2º e eu fixemos unha aposta: se facían ben o baile eu tiña que poñer o vídeo na páxina web. Adiviñades quen perdeu a aposta? ;D

 

 

Festival Erasmus +

Para celebrar a visita do profesorado dos outros centros de ERASMUS+, fixemos un pequeno festival no cole. Xusto debaixo podedes ver un anaquiño dalgúns videos. Moitas grazas pola participación.

Parella de pandereteiras

Grupo de pandereteiras

5º e 6º de primaria: Baile galego

4º EP. Amoriños collín

5 anos: Si, si kumbalé

1º e 2º de primaria: Una marea de gente

Luthiers de 5º de Primaria

O alumnado de 5º de Primaria, coa axuda das familias, creou  instrumentos con material de refugallo. A continuación tedes un vídeo no que se pode ver a exposición que fixemos con todos eles.

Día internacional das persoas con discapacidade

O día 3 de decembro é o Día internacional das persoas con discapacidade. Para celebralo no centro, entre outras actividades, o alumnado de 1º e 2º gravou esta interpretación da canción de Macaco "Una marea de gente". Algúns fragmentos do mesmo formarán parte doutro vídeo no que colaboran o resto de centros educativos de A Guarda.

Salir corriendo

O alumnado de sexto creou este vídeoclip contra todo tipo de violencia no seu tempo de lecer no centro. A música é Salir corriendo de Amaral.

Manuel María

O alumnado de 4º de primaria homenaxea a Manuel María con esta canción.

Saída educativa a Vigo.

O alumnado de 1º e 2º de primaria foi de excursión a Vigo. Asistiu ao espectáculo "O cocido sinfónico" protagonizado por Os tres tenedores. Despois visitaron unha interesante exposición no MARCO. Clicade na foto na ver máis instantáneas do día.

foto

Papaventos de papel

O alumnado de educación infantil fixo uns fermosos papaventos cos que xogamos ao ritmo da canción "Papaventos de papel" (CD: Meniños Cantores).

Conto sonorizado

O alumnado de primeiro puxo son a este conto traballado na aula.

Powered by Drupal - Design by artinet