Animación á lectura

Historia da Guarda

A aula de 3º de primariado curso 2012/2013 creou no seu día este vídeo cos datos máis relevantes da historia da Guarda.

Inauguración de BiblioSinde

 

O pasado martes día 1 realizouse a apertura de BiblioSinde. Entregáronse carnés ao profesorado e ao alumnado novo no centro (agás ás nenas e nenos de 3 anos que foron outro día). Presentáronse as alumnas e alumnos axudantes na biblio este curso e cada grupo levou un contrato de uso que devolverá asinado. Velaí van unhas imaxes do acto:

Entrevista a Conrazones

Co gallo do día mundial dos dereitos do neno, o alumnado entrevistou a voluntarios da asociación guardesa Conrazones. Gravaron esta actividade e despois editaron o vídeo e quedou así de ben.

 

DÍA DO LIBRO

Taller de contos co 1º ciclo

O alumnado do primeiro ciclo participou nun taller de creación de contos dirixido polo equipo de biblioteca.

Día do libro 2012

No noso cole celebramos o día do libro cunha exposición de marcapáxinas...
... e cun contacontos para todo o centro!!!

Poemas

Conto do Apalpador

Powered by Drupal - Design by artinet