Sesión de EF para 3º,4º,5º e 6º Primaria

Ola a tod@s.

Esta é a segunda sesión de EF da semana que vai do 1 ao 5 de xuño. ïmola desenvolver no corredor da nosa casa e o único material que necesitamos é un globo inflado. A sesión consta de 3 partes:

1) quecemento: percorremos o corredor camiñando o máis rápido posible mentres golpeamos o globo coas mans para evitar que caia ao chan;

2) parte principal: traballamos abdominais superiores, abdominais inferiores, facemos flexións de brazos, saltos á pata coxa e sentadillas (sempre tocando ao mesmo tempo o globo tal como nos amosa o seguinte vídeo  https://youtu.be/DzpwY-CVsmY

3) parte final: inventamos dous exercicios novos nos que haxa que golpear o globo.

Saúdos.

Powered by Drupal - Design by artinet