FALA O SINDE 2024

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Aberto o prazo para a solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de educación primaria) e material escolar (toda primaria) e para a participación no fondo solidario de libros de texto (3º A 6º de educación primaria).

 

Presentación de solicitudes:

  •  As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
  • Poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes.

 Prazo de presentación:

  •  O prazo de presentación de solicitudes está aberto e rematará o día 21 de xuño.

 Os formularios estarán dispoñibles

  •  Na secretaría do centro

Documentacion:

En todos os casos:

  • Anexos I e II.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.*En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 De ser o caso:

  • Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral  da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

 
Cando a documentación se presente no centro docente, achegaranse fotocopias e os respectivos orixinais, para que a persoa que a reciba verifique a súa autenticidade.

 Devolución libros do fondo solidario do curso 2023-2024:

  •  A devolución dos libros emprestados é requisito para a concesión de axudas para o próximo curso.
  • As titoras encargaranse da súa recollida e do establecemento do calendario de devolución.

 As listaxes provisionais e definitivas de admitidos e excluídos serán publicadas no taboleiro de anuncios da entrada do centro e tamén se poderán comprobar na aplicación Fondolibros accedendo coa Chave365.

 Mais info:

 Ligazón á orde completa

 Aplicación Fondolibros

 Preguntas frecuentes

 

PUNTO LARANXA

A continuación tedes unha presentación para coñecer un pouco máis ou punto laranxa:

Trobadoras e trobadores pola rúa

Debido ao mal tempo foi preciso aprazar a actividade ata o mércores 22 de maio. Os novos horarios son os seguintes:

Aparcamento para bicicletas e patinetes

A través da ANPA Citania solicitaron ao centro un espazo para aparcar bicicletas e patinetes. Vaise a probar a habilitar o lado dereito segundo se sube (pegado á varanda verde) da rampla de acceso ao ximnasio pola porta metálica. Poderanse encadear aos ferros pero deben quedar correctamente colocados de xeito que non obstaculicen o acceso ao centro a persoas con mobilidade reducida e persoal autorizado exclusivamente.

Obviamente desde o centro non nos podemos facer responsables do que lle poida pasar aos vehículos durante a súa permanencia dentro do recinto.

Vacacións de Semana Santa

23 Mar 2024 00:00
1 Abr 2024 23:59
Europe/Madrid

Vémonos o martes día 2 de abril

DÍA DO AUTISMO

 

 Queremos que toda a cidadanía coñeza mellor o autismo e para iso o noso alumnado creou estes vídeos explicativos sobre o mesmo. Agardamos que vos sexan de utilidade e que as persoas con autismo cheguen a unha inclusión plena e efectiva.

QUE É O AUTISMO

COMO SENTEN

 

MITOS E REALIDADES SOBRE O AUTISMO

DESAFÍOS

FESTIVAL DE NADAL

 

 

A continuación tedes os vídeos das actuacións do festival de Nadal:

3 anos:

 
4 anos:
 
5 anos:
1º:
2º:
3º:
4º:
5º:
6º:

Vídeo de Estela Doiro

Este é o vídeo que lle dedicamos a Estela Doiro na súa visita ao centro:

 

Celebración do Samaín e o Halloween

A continuación tedes o vídeo de resumo do certame de cabazas do Halloween. Queremos aproveitar para agradecer ás familias a súa colaboración nesta data e á ANPA Citania o enorme traballo realizado para decorar o ximnasio e psicomotricidade.

 

Día de conveniencia pedagóxica

20 Maio 2024 00:00
20 Maio 2024 23:59
Europe/Madrid

Powered by Drupal - Design by artinet