Luthiers de 5º de Primaria

O alumnado de 5º de Primaria, coa axuda das familias, creou  instrumentos con material de refugallo. A continuación tedes un vídeo no que se pode ver a exposición que fixemos con todos eles.

TROBADORES POLA RÚA

Para celebrar o Día da Poesía, o 5 de abril o alumndo do SINDE saíu polas rúas da Guarda rapeando poemas.

TERRA VITA

VISITA Á ESCOLA DE VUKOVAR  (Croacia).

Co fin de poñer en común os traballos realizados nas escolas de todos os paises participantes e de aprender das experiencias dos socios Croatas , durante unha semana  tres mestras do centro viaxaron a Vukovar.

Aquí vos deixamos un video resumo da visita.

 VIDEO

15 DE FEBREIRO: DÍA INTERCIONAL DO CANCRO INFANTIL.

Día Internacional do Cancro Infantil, que ten como obxectivo sensibilizar á  sociedad da dura loita que moitos  nenos  afrontan a diario contra esa enfermidade.

Hoxe  fixemos a actividade que estaba prevista para o día 15 de febreiro e que quedou aprazada por mor da choiva.

O alumnado e os mestres  do centro con globos de cor dourada fixeron un lazo no patio, e as alumnas de 6º de primaria, Claudia,Tania e Esther leron un manifesto.

Un guiño de cariño e sensibilización da nosa Comunidade Educativa.PORQUE XUNTOS SUMAMOS!

XA CHEGOU O ENTROIDO!!!

DESFILAMOS POLAS RÚAS DE A GUARDA CO LUME, AIRE, AUGA E TERRA, OS CATRO ELEMENTOS, TEMA DO PROXECTO ERASMUS+ NO QUE ESTAMOS PARTICIPANDO:TERRA VITA.

ENTROIDO 2018                       
 

     

 

PAZ 2018

OS BOLECHAS NA DESEMBOCADURA DO MIÑO.

A Concelleira de Cultura fixo entrega aos alumnos e alumnas do colexio do  libro de Pepe Carreiro "Os Bolechas na desembocadura do Miño".

Os nenos e nenas agradeceron este agasallo, e o vindeiro 2 de febreiro algúns alumnos do centro asisitiran a presentación do libro na Casa dos Alonsos.

PLANTACIÓN DE ÁRBORES NO MONTE SANTA TREGA

Organizado pola Comunidade de Montes de Camposancos o alumnado do colexio realizou hoxe unha plantación de árbores no monte Santa Trega.

Cada padriño ou madriña acompañando ao seu afillado ou afillada gozaron dunha bonita actividade deixando a súa árbore no monte.

Moitas gracias pola invitación á Comunidade de Montes.

FESTIVAL DE NADAL 2017

DESPEDIMOS O ANO CUN FESTIVAL DE CANCIÓNS, BAILES, TEATRO E COA CHEGADA DOS REIS MAGOS.

A CHOCOLATADA ORGANIZADA POLA ANPA E OS XOGOS NO PAVILLÓN PUXERON FIN A UNHA MAÑÁ DE FESTA.

PLENO INFANTIL

O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA DOS CENTROS PÚBLICOS DE A GUARDA E O SAN XEROME SIMULARON UN PLENO NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO PARA CONMEMORAR O DÍA DA CONSTITUCIÓN.O NOSO CENTRO REPRESENTOU A ALCALDIA E CONTESTOU AS MOCIÓNS QUE PRESENTARON OS OUTROS GRUPOS DE GOBERNO.

AQUÍ VOS DEIXO UN PEQUENO VIDEO DO PLENO.

 

LOGOS REALIZADOS POLO ALUMNADO DO CENTRO.

 

LOGO GAÑADOR ENTRE TODOS OS 

PAÍSES PARTICIPANTES.

NORABOA CROACIA!!

 

      

            LOGOTIPOS TERRA VITA
           MOITAS GRACIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.

PROXECTO TERRA VITA

DENTRO DAS ACTIVIDADES DO PROXECTO TERRA VITA DURANTE ESTE MES TRABALLOUSE CUN DOS ELEMENTOS "A AUGA". FIXÉRONSE EXPERIMENTOS, INVESTIGACIÓNS, OS MÁIS PEQUENOS EXPERIMENTARON COA AUGA...
Aquí vos deixamos un video que recolle unha pequena mostra do traballado.
 

Día internacional das persoas con discapacidade

O día 3 de decembro é o Día internacional das persoas con discapacidade. Para celebralo no centro, entre outras actividades, o alumnado de 1º e 2º gravou esta interpretación da canción de Macaco "Una marea de gente". Algúns fragmentos do mesmo formarán parte doutro vídeo no que colaboran o resto de centros educativos de A Guarda.

LIPDUB TERRA VITA

Esta semana fixemos unha actividade moi especial dentro do Erasmus+. Un lipdub no que participou todo o centro para dalo a coñecer ao resto de participantes en Terra Vita. Ollade que ben nos quedou:

MAGOSTO 2017

Powered by Drupal - Design by artinet