CURSO 2020-2021

 

                                                                                                                          Arranca la edición 24 de Voz Natura

                                                                       CURSO 2020-2021

EMPEZAMOS UN NOVO CURSO, UN CURSO CUNHA NOVA NORMALIDADE NA QUE PRECISAMOS DUNHAS MEDIDAS PARA MANTER A SEGURIDAE NA REALIZACIÓN DAS TAREFAS NO HORTO ESCOLAR.

AQUÍ VOS DEIXO AS MEDIDAS RECOLLIDAS NO "PLAN  DE ADAPTACIÓN  Á SITUACIÓN COVID19  PARA O CURSO 2020-2021 NO CEIP MANUEL RODRIGUEZ SINDE"

Medidas específicas para o uso do HORTO ESCOLAR

O alumnado irá acompañado polo mestre/a encargado do grupo, a saída será ordenada e continua, de 1 en 1, deixando a distancia de seguridade ata chegar ao horto, evitándose a formación de aglomeracións de alumnado.

Só poderá estar no horto escolar un grupo de alumnos da mesma clase, evitando a simultaneidade con outros alumnos/as doutros cursos.

Unha vez feitos os horarios cada curso que queira traballar no horto escolar escollerá un día da semana para utilizar este espazo.

Realizarase hixiene de mans como en calquera outra actividade lectiva.

O uso de material común como ferramentas, carretilla, mangueiras… será exclusivo do grupo que por horario lle corresponda ese día o traballo de horto.

As ferramentas quedarán gardadas nas súas cestas e dentro do armario ata o día seguinte para ser usado por outro grupo.

Se  no mesmo día en diferente horario dous cursos fan uso do horto escolar deberán desinfectar todo o material empregado.

 

Powered by Drupal - Design by artinet