blogue de_Voz Natura

5 DE XUÑO DÍA DO MEDIO AMBIENTE

VIDEOS PARA TRABALLAR NAS AULAS O COIDADO DO PLANETA.

AO FINAL HAI UN ENLACE DE SOGAMA CON XOGOS INTERACTIVOS ADAPTADOS AS DIFERENTES IDADES.

PARA OS MÁIS PEQUENOS:

PRIMARIA 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PELÍCULA: EL VIAJE A GAIA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XOGOS INTERACTIVOS

http://www.sogama.gal/es/info/juegos-escolares

O SINDE NO BO CAMIÑO

Presentamos este Power Point como resumo final de todo o que aprendimos neste curso, coñecendo o Camiño de Santiago, especialmente o tramo que pasa pola nosa localidade.

PARA SER UN BO PEREGRINO

Descubrimos durante este curso o tramo do camiño portugués que pasa pola nosa localidade. Coñecemos lugares  e historia da nosa vila.

Todo o alumnado fixo diferentes tramos do camiño en varias etapas e desfrutamos da riqueza paisaxística que nos arrodea, tanto polo monte como pola costa.

As familias participaron en andainas cos seus fillos/as, descubrindo as sendas da súa man.

E agora queremos que veñan moitos peregrinos e peregrinas a coñecelo, pero que o coiden e o respecten. Co traballo en equipo de todo o alumnado do centro elaborouse un cartel sobre as boas prácticas para ser un bo peregrino/a.

Este cartel entregárase ao Concello para que se poña en lugares de paso de  peregrinos: albergue, puntos de información, estación marítima.

 

COMEDEIROS DE PAXAROS

        O alumnado de 1º e 2º de primaria realizaron xunto coas súas familias comedeiros para paxaros con material reciclado.

Aquí vos deixo as fotos dos comedeiros tan creativos e sostibles que se fixeron.

CHEGAMOS AS CETARIAS

      O alumnado de 1º e 2º de primaria fixeron a última etapa do camiño portugués que pasa pola nosa localidade.Dende o albergue ata a cetaria Redonda, pasando pola praia e lavadoiro de Fedorento e a praia de Area Grande.

CAMIÑO A OIA

   O alumnado de 5º e 6º de primaria fixeron un novo tramo do Camiño de Santiago, en Oia.

Comezaron na capela de San Sebastián, visitaron a capela e seguiron camiñando pola costa rochosa ata a entrada do porto de Oia.Dende o porto puideron ver a Camboa,antiga pesqueira que tiñan os monxes.

Seguindo os sinais do Camiño pasaron polo Arrabal, pobo típico con casas restauradas, entre elas a casa Reitoral.

No percorrido toparon con varios canizos dos que aprenderon as súas partes e o seu uso.

Chegando ao adro do mosteiro visitaron a Igrexia Parroquial coas explicacións do párroco  Don Daniel, naves, arcos, capelas, tellado, campanario...

Puideron desfrutar da boa sonoridade do coro da igrexia, ata se animaron a cantar a táboa do 5 con canto gregoriano e escoitar o canto gregoriano de D. Daniel.

E antes de volver unha boa merenda cunhas boas vistas e un bo día.

E rematan a saída no Cruceiro Centinela e de volta ao autobús.

Moitas gracias Don Daniel!!

DÍA DA TERRA

Hoxe 22 de abril,DÍA DA TERRA comparto este Genially de Sonia Cartón.

EXPERIENCIAS DE PEREGRINOS

Para saber máis sobre o Camiño de Santiago o alumnado de 6º entrevistou a dous peregrinos que lles contaron a súa experiencia.

O profesor Alberto que fixo o camiño en bici e a peregrina Elvira que fixo o camiño a pé.Resultou unha experiencia moi interesante na que os alumnos fixéronlles moitas preguntas.

                                                           Gracias Elvira e Alberto!  

                               

DA HORTA AO PRATO

               O alumnado levou os produtos recollidos na horta as súas casas, para cociñalos e comelos.
Nada que lle de máis significado ao seu traballo na horta  que cociñalo e comelo.

Aquí vos deixo algunhas receitas de 1º e 3º de primaria, coas fotos amosando  como o cociñaron
e o bo que estaban os pratos.Bo proveito!

                                                                   RECEITAS DE 3º DE PRIMARIA

              

CHEGAN AS FLORES

       Coa chegada da primavera o alumnado de 2º de primaria  repón as plantas nos testos do patio do sol.

A HORTA EN PRIMAVERA

Renováronse os cultivos. Despois de recoller o plantado en outono, agora toca sementar novos cultivos propios desta época do ano: leitugas, tomates, fresas, rúcula e plantas aromáticas e medicinais.

Durante esta semana aproveitando o bo tempo, todos os cursos puxéronse mans a obra e deixaron así de bonitas e ben traballadas as súas parcelas.

 

            
 
   

O SINDE NO CAMIÑO DE SANTIAGO

     O alumnado do Centro rematou o trimestre facendo un segundo tramo do Camiño de Santiago que pasa pola nosa localidade.

Educación infantil percorreu un tramo do Camiño que pasa pola nosa vila e visitaron o albergue municipal.

5º e  6º seguindo os sinais pola vila chegaron ao tramo do camiño pola costa,visitando as cetáreas e admirando a paisaxe e vexetación da zona.

 1º e 2º fixo o tramo que pasa polo centro da vila, almorzaron no Castelo de Santa Cruz e visitaron o albergue municipal do peregrino con Rosalía como guía.

O SINDE NO CAMIÑO DE SANTIAGO

O alumnado de 4º de primaria fixo o percorrido do Camiño da Santiago  pola vila e visitou o albergue.

MANUALIDADES NO CAMIÑO

Co tema do camiño de Santiago realizáronse nas aulas diferentes manualidades.

Deixo aquí as fotos dalgunhas das manualidades realizadas.

                                                                     VIDREIRAS EN 4º DE PRIMARIA

                             CUNCHAS DE EDUCACIÓN INFANTIL                       CUNCHAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA

                          

RECOLECTA DOS CULTIVOS

       Seguemos recollendo os cultivos deste ano, e preparando as parcelas para sementar novos cultivos de primavera.

Aquí vos deixo fotos do alumnado de 1º e 5º de primaria recollendo acelgas, nabos e grelos.

Distribuir contido