blogue de_Voz Natura

LIBROS EN BIBLIOSINDE

BIBLIOSINDE pon a disposición do centro unha serie de libros moi interesantes sobre a natureza, as plantas e o seu coidado.

Aquí vos deixo unhas imaxes, e xa sabedes... están en Bibliosinde!

DA TERRA AO PRATO

O alumnado de 4º de primaria sementou escarolas na súa parcela, coidáronas, recolléronas e prepararon diferentes pratos con elas.

Mmmm!! Que boa pinta!

RECOLLEMOS OS CULTIVOS

         O alumnado de 1º de primaria recolleu os cultivos do seu horto.

Dadas as circunstancias actuais de pandemia non se poden realizar os obradoiros de cociña cos produtos da horta, polo que se sortearon montonciños de acelgas para que as cociñaran nas súas casas.

Esperamos as receitas e as fotos dos seus pratos.

ENTROIDO DE PEREGRINOS/AS

Este ano celebramos a semana do Meco coas ordes do Superlector que nos foi pedindo que trouxeramos complementos do peregrino/a.

 

 

Recollida das coles de Bruxelas.

        Os/as alumnos/as da aula de 4º de infantil xa recolleron os froitos da súa horta, as coles de bruxelas.Obsevaron e debuxaron os seus froitos.

AS PLANTAS DE 5º DE PRIMARIA

O alumnado de 5º de primaria sacou as follas das plantas, Echeveria, Sedum Morganianum(rabo de burriño), Pacchypytum e Crassula Ovata, puxéronnas en horizontal en terra humida e agora hai que esperar a que boten raiz.

XA EMPEZAN A BROTAR....

PARCELA DE 1º DE PRIMARIA

       Así están os cultivos de 1º no mes de xaneiro, xa case listos para recollelos e comelos.

O CAMIÑO EN OUTONO

FÍXOSE UNHA EXPOSICIÓN DE FOTOS DUN TRAMO DO CAMIÑO EN OUTONO.CAMIÑO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 1º,2º,5º E 6º DE PRIMARIA.

O ALUMNADO DE 5º E 6º FAI UN TRAMO DO CAMIÑO DE SANTIAGO

FACEMOS O CAMIÑO EN FAMILIA

Un dos obxectivos do proxecto "O Sinde no bo camiño",é o de descubrir á comunidade educativa o tramo do camiño que pasa pola nosa localidade.Este trimestre  fixemos o percorrido co alumnado de 1º,2º, 5º e 6º de primaria, valorando o valor paixasistico, observación das plantas protexidas plantas invasoras, froitos de outono...

Coa finalidade de promover o camiño entre as familias, proponse como reto para conseguir un selo na credencaial de peregrino do alumnado de 1º de primaria levar a súa familia a facer o tramo do camiño e xustificalo cunha foto.

Lucas, David, Mateo e Nerea levaron as súas familias a facer o camiño.

            

Alan, Brais, Diego Adrover e Hugo fixeron de guías das súas familias e fixeron o tramo do camiño de Santiago. Moi ben rapaces, xa tedes o segundo selo da credencial de peregrino!!!

           

A HORTA DE 5º DE PRIMARIA

O alumnado de 5º plantou ervillas, aboaron co argazo e  protexennas dos paxaros poñendo botellas recortadas.

A FESTA DO OUTONO

O alumnado de educación infantil gozou dunha xornada en contacto coa natureza no Montiño.Observaron as bonitas cores do outono neste entorno.

AS PLANTAS MEDICIÑAIS DE 6º DE PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de 6º inauguran a súa horta cunha planta de Aloe Vera.

ASÍ DE BONITA ESTÁ A HORTA!!

O SINDE NO BO CAMIÑO

COMEZAMOS A INVESTIGAR SOBRE O CAMIÑO

Familiares do alumnado de 2º contestan aunha enquisa feita polos nenos e nenas sobre o que queren saber dos peregrinos/as.As respostas enviaronnas nun vídeo  xa que pola situación na que estamos non poden achegarse ao centro para compartir con nós a súa experiencia.

Familias que tamén nos deixaron a súas Compostelas e as Credenciais de Peregrino para que as viramos na clase.

Moitísimas gracias as familias que colaboraron.

                                          

PRIMEIRA SAÍDA POLO CAMIÑO DE SANTIAGO

 Primeira andaina do alumnado de 1º e 2º de primaria por un tramo do camiño de Santiago que pasa pola nosa localidade. Comezamos o camiño na Pasaxe, pasamos por Camposancos e pola ladeira do Monte Trega para logo regresar ao cole.

Observamos o camiño na estación do outono(os froitos,as árbores, as cores...);fixámonos na sinalización do camiño e nos diferentes puntos de interese da localidade como o colexio dos Xesuitas, cruceiro de Camposancos, fonte do Aloque.

Un bonito paseo que repetiremos na primavera.

POR SE NON VOS ABRE, AQUÍ TEDES OUTRO VIDEO CON OUTRO ENLACE:

https://www.kizoa.com/Video-Editor/d343692117k6411338o2l1/CAMIAMOS_EN_OUTONO

Distribuir contido