O pasado venres, 3 de maio, o CEIP Francisco López Estrada estivo no II Congreso Nacional da Escola Rural.

Estamos moi contentos/as de formar parte dun evento a nivel nacional, ao que asistiron cinco nenas/os e dúas mestras que amosaron a asistentes de toda España como é o noso "pequeno gran cole" e algunhas das actividades e proxectos que levamos a cabo.

 

 

O programa comezou coa conferencia Patróns e compromiso coa escola rural da profesora da Universidade de Zaragoza Pilar Abós. Ao longo da mañá, os participantes puideron asistir á presentación Escola rural vs escola urbana en Galicia da man do secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Manuel Vila. Tamén se desenvolveu a mesa redonda Presente e futuro da escola rural, elementos de sustentabilidade coa presenza de representantes da Fundación Princesa de Girona, da Universidade da Coruña e das comunidades autónomas de Aragón, A Rioxa e Extremadura, coordinada polo director xeral de Centros e Recursos Humanos da Xunta, Jesús Álvarez. Continuou cun panel de expertos sobre a escola rural en Galicia con directores de centros galegos de diferentes etapas e tipoloxías.

A xornada matinal rematou cunha feira, na que 15 centros rurais de Galicia (entre os que se aropaba o noso) puideron promocionar o seu traballo. Contamos cun posto onde dimos a coñecer o noso centro e amosamos os nosos proxectos.

Pola tarde leváronse a cabo talleres e proxectos de boas prácticas e experiencias. Os asistentes ao congreso puideron coñecer obradoiros de espazos de centros e aprendizaxe, coidado do benestar, atención á diversidade, innovación e internacionalización, entre outros. Ademais, déromse a coñecer proxectos de aulas multigrado, de metodoloxías activas, inclusión, dixitalización, internacionalización e o Programa Xeración Docente, entre outros.

 

VER ALBUM DE FOTOS

O pasado venres 3 de maio asistimos a unha xornada de convicencia escolar en Cerdido co CEIP da Barqueira (Cerdido), o CEIP San Ramón (Moeche) e o CEIP O Marbán (As Somozas).

Parabéns ao CEIP da Barqueira pola organización e moitas grazas por convidarnos.
 
 
 

O pasado xoves, 25 de abril, o alumnado de 5º e 6º visitou os FP Innova na Cidade da Cultura, un congreso de Innovación na Formación Profesional referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está imnersa a Formación Profesional de Galicia.

O congreso contou cunha zona expositiva de 4.100 m2, distribuída nas plantas -1 e 0 do Museo Centro Gaiás, na que puidemos coñecer:

A investigación e a innovación que os centros de formación profesional de Galicia están a desenvolver en colaboración con empresas e institucións, a través da visualización en directo dos 35 proxectos de innovación que se presentan e que abranguen as tecnoloxías máis punteiras do mercado.

A innovación ligada ao emprendemento, representada nunha mostra de 16 proxectos que o alumnado e o profesorado puxeron en marcha no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende.

- A experimentación en primeira persoa das novas tecnoloxías, coa participación nos obradoiros sobre biotecnoloxía, ciberseguridade, creación de contidos mediante IA, drone soccer, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, impresión 3D, entre outros.

Despois, xantamos e demos un agradable paseo polo casco histórico de Santiago de Compostela.

 

Distribuir contido