ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

A semana pasada tivemos no centro dúas actividades culturais moi interesantes.
O martes 27 de febreiro, a editorial Anaya agasallounos coa visita do autor David Rodríguez, que fixo unha sesión de contacontos con final musical moi entretida, homenaxe ao recentemente falecido escritor, comunicador e mestre, El Hematocrítico.
 
O pasado venres, 1 de marzo, a animadora sociocultural do Concello trouxo ao cole a Laura Martínez Rey cos seus Danzacontos "Viaxando coas anduriñas: ritmos na selva".
Foi unha actividade na que o alumnado do PAI e os máis pequenos do noso cole exploraron múltiples emocións a través da lingua e da música, tendo como protagonistas a amizade, o respecto e a natureza.

 

 

Os faros non entenden de fronteiras, iluminan a todo o mundo por igual.

 

VER GALERÍA DE IMAXES

 

Onte, un grupo de alumnas e alumnos de 4° da ESO do IES de Ortigueira visitáronnos para levar a cabo unha actividade de contacontos coa que as nenas e nenos do noso cole desfrutaron moito.
Nós aproveitamos para presentarlles unha parte do noso proxecto sobre o mar, concretamente o tema que estamos a traballar esta temporada, os faros.
Aprender a falar en público é moi importante para os pequenos/as xa que, non só mellora as habilidades de comunicación, senón que tamén axuda a aumentar a confianza en si mesmos/as.
As actividades con outros centros encántalles e ademais fomentan valores como a comprensión, a aceptación, a tolerancia, o respecto... todo aquilo que favorece as relacións humanas.
 
 

Era a fin do verán, nese fugaz momento no que o día se despide e a noite comeza a envolver a paisaxe costeira. Nunha praia de Mañón, as mareas traían dende moi lonxe unha botella de cristal cunha carta no seu interior. O vidro brillaba sutilmente baixo as últimas raiolas de sol que atravesaban as nubes e ao seu carón, unha estrela de mar descansaba estendendo os brazos sobre a area, exhibindo as súas cores vivas e relucentes. 

Sobre as rochas, álzabase o faro, maxestoso e robusto. A súa luz xiratoria irradiaba un resplandor suave e reconfortante, guiando aos navegantes na escuridade.

No horizonte, máis aló da Coelleira, divisábase a silueta dun barco solitario, navegando hacia a inmensidade.

Que segredos gardaba aquela mensaxe selada no cristal?

 

 

A carta estaba asinada por unha tal "Ánxeles Alvariño", unha científica dos mares que se atopaba nalgún lugar do océano Atlántico e precisaba da nosa axuda...

 

Así comezaba esta aventura, un proxecto sobre o mar co que, a través dos retos de investigación que nos propón nas súas cartas a nosa oceanógrafa favorita, estamos a descubrir e aprender moitas cousas interesantes sobre o mar.

 

  

 

 

Esta lista irase actualizando con máis actividades.

 

INTERMAREAL DE LADRIDO

 

 

QUEN É ÁNGELES ALVARIÑO

SERES VIVOS DAS NOSAS RÍAS

FITOPLANCTO E MAR DE ARDORA

OS FAROS

A ANTÁRTIDA

OS OFICIOS DO MAR

 

INFOGRAFÍAS E MURAIS

FAROS 

Na seguinte ligazón iranse engadindo fotos dos retos e xogos propostos nas cartas.

VER FOTOS

  

Distribuir contido