Información do centro

- Descipción do centro educativo Francisco López Estrada:

Dirección: O Barqueiro (A Coruña).

CP: 15339

Teléfono: 981414127

E-mail: ceip.lopez.estrada@edu.xunta.es

 

 

- Instalacións e equipamento.

O recinto do colexio está completamente pechado. Neste atópanse os dous principales edicicios do centro. O recinto onde se atopa Educación Infantil e máis Educación Primaria xunto co pabellón polideportivo.  

O edificio principal, consta de dúas plantas. No seu interior atópase o comedor escolar, Biblioteca, aula de música e as distintas aulas de Educación Infantil e Primara.

Na zona exterior están situados os patios. Un deles delimitado para os máis pequenos do colexio (Educación Infantil), con materiais adaptados a idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos. 

Na parte dianteira do colexio, atópase un pequeno patio exterior con dúas canastas para a práctica de actividade física e máis un recinto polideportivo completamente cuberto.

 

- Tipoloxía escolar. 

Titularidade: Pública, dependente da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. 

O centro imparte os niveis de Segundo Ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria.

Durante os meses de setembro e xuño o centro aterase as disposicións que ditamine o calendario escolar oficial. 

Durante o resto do curso académico existe xornada partida dende as 10:00h ata as 13:30h e dende as 15:00 ata as 16:30.