INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTO

O recinto do colexio está completamente pechado. Neste atópanse o edificio principal e o pavillón polideportivo.

O edificio principal consta de dúas plantas. Na planta baixa atópanse o comedor escolar, a cociña, despensas, aulas de Educación Infantil, biblioteca, Polo Creativo e despachos. Na segunda planta atópanse as aulas das diferentes titorías, aula de música, aula de inglés, departamento de orientación, radio escolar, sala de mestres/as e laboratorio.

Na zona exterior están situados os patios. Un deles delimitado para os máis pequenos do colexio (Educación Infantil), con materiais adaptados a idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos, un parque infantil, zonas verdes e arboladas e horto escolar.

Na parte dianteira do colexio, atópase un pequeno patio exterior con dúas canastas para a práctica de actividade física e máis un recinto polideportivo completamente cuberto.