EDUCACIÓN INFANTIL

A semana pasada tivemos no centro dúas actividades culturais moi interesantes.
O martes 27 de febreiro, a editorial Anaya agasallounos coa visita do autor David Rodríguez, que fixo unha sesión de contacontos con final musical moi entretida, homenaxe ao recentemente falecido escritor, comunicador e mestre, El Hematocrítico.
 
O pasado venres, 1 de marzo, a animadora sociocultural do Concello trouxo ao cole a Laura Martínez Rey cos seus Danzacontos "Viaxando coas anduriñas: ritmos na selva".
Foi unha actividade na que o alumnado do PAI e os máis pequenos do noso cole exploraron múltiples emocións a través da lingua e da música, tendo como protagonistas a amizade, o respecto e a natureza.

Así foi o 1º trimestre deste curso para os máis pequeniños do cole. Un trimestre cheo de fantasía, aventuras e moita ilusión na Aula Máxica coa mestra Olga... 

 

 

 

 

Neste reto, Ánxeles desafiábanos a descubrir unha palabra segreda que da nome a un tipo de organismos acuáticos.

 

 

 

Tivemos que buscar pola biblioteca as follas perdidas do seu caderno pero... non había nada escrito nelas! 

 

Finalmente, atopamos unha misteriosa lanterna que parecía ser a solución ao problema, así que, despois de romper a testa un rato, a alguén se lle ocorreu apagar as luces e....

 

Por fin tiñamos algo, pero parecía non ter moito sentido ata que nos percatamos de que cada folla tiña un número. Soamente había que ordenar as letras para formar a palabra:

 

 

Unha vez descuberta a palabra segreda, tocaba investigar sobre este tipo de seres vivos acuáticos. Aprendimos que o son organismos que producen o seu propio alimento e nutrientes mediante o proceso da fotosíntese, igual que as plantas.

Ademais, descubrimos que hai algúns que son bioluminiscentes, é dicir, brillan na escuridade e deixánnos imaxes tan espectaculares como esta:

FOTO TOMADA DE TIEMPO.COM 

 

 

A este fenómeno coñéceselle como "mar de ardora" e podemos velo nas nosas costas, principalmente nos meses de agosto e setembro. 

Dende logo, a natureza é marabillosa! Que ganas de que chegue o verán para poder contemplar o fermoso espectáculo nas praias de Esteiro,  Bares ou Vilela...

 

 

VOLVER Á PÁXINA PRINCIPAL DO PROXECTO

 

A comezos do mes de novembro chegábanos esta carta, na que "Ánxeles Alvariño" nos retaba a investigar sobre os faros:

 

 

Puxémonos mans á obra e comezamos a investigar na casa, na internet, na biblioteca, nas nosas aulas... e descubrimos moitas cousas interesantes.

 

Ademais, decidimos elaborar o noso propio catálogo de faros das Rías Altas, así que repartimos o traballo e cada nena/o recompilou ou información sobre un faro e fixo un traballo/mural sobre el. 

 

 

Tamén construímos maquetas de faros con diferentes materiais (legos e outras pezas de construción, cartón e outros materiais de refugallo...).

 

 

 

Todos os produtos creados foron expostos no centro xunto cun mapa de Galicia onde cada un de nós situamos o noso fato colocando unha foto.

 

 

Finalmente, presentamos os nosos traballos aos compañeiros/as de 4º da ESO do IES de Ortigueira, aproveitando a súa visita ao noso centro.

 

 

 

 

 

 

 

 

Onte, un grupo de alumnas e alumnos de 4° da ESO do IES de Ortigueira visitáronnos para levar a cabo unha actividade de contacontos coa que as nenas e nenos do noso cole desfrutaron moito.
Nós aproveitamos para presentarlles unha parte do noso proxecto sobre o mar, concretamente o tema que estamos a traballar esta temporada, os faros.
Aprender a falar en público é moi importante para os pequenos/as xa que, non só mellora as habilidades de comunicación, senón que tamén axuda a aumentar a confianza en si mesmos/as.
As actividades con outros centros encántalles e ademais fomentan valores como a comprensión, a aceptación, a tolerancia, o respecto... todo aquilo que favorece as relacións humanas.
 
 
Distribuir contido