Responder ó comentario

A comezos do mes de novembro chegábanos esta carta, na que "Ánxeles Alvariño" nos retaba a investigar sobre os faros:

 

 

Puxémonos mans á obra e comezamos a investigar na casa, na internet, na biblioteca, nas nosas aulas... e descubrimos moitas cousas interesantes.

 

Ademais, decidimos elaborar o noso propio catálogo de faros das Rías Altas, así que repartimos o traballo e cada nena/o recompilou ou información sobre un faro e fixo un traballo/mural sobre el. 

 

 

Tamén construímos maquetas de faros con diferentes materiais (legos e outras pezas de construción, cartón e outros materiais de refugallo...).

 

 

 

Todos os produtos creados foron expostos no centro xunto cun mapa de Galicia onde cada un de nós situamos o noso fato colocando unha foto.

 

 

Finalmente, presentamos os nosos traballos aos compañeiros/as de 4º da ESO do IES de Ortigueira, aproveitando a súa visita ao noso centro.

 

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Carta 1 de novembro3.47 MB
Carta investigación Faro44.01 KB
Traballo faros Martina74.12 KB
Traballo faros Julia26.34 KB
Creando maquetas de faros 35.16 KB
Exposición maquetas faros48.04 KB
Mapa faros44.67 KB
Exposición traballos36.61 KB
Exposición traballos 239.45 KB
Exposición traballos 341.7 KB
Exposición traballos 446.16 KB
Presentando o proxecto35.26 KB

Responder