ERASMUS+

Tags:

Unha das bases ideolóxicas do CEIP Francisco López Estrada é o propósito innovador e investigador, polo que consideramos indispensable a formación permanente do profesorado. Nesta liña, ademais de cursos, grupos de traballo, seminarios e xornadas, as mestras e mestres do noso centro participan asiduamente xunto co CFR de Ferrol en mobilidades formativas ao estranxeiro, dentro do marco dos proxectos Erasmus+

 

XUÑO DE 2019: CARDIFF, REINO UNIDO

TEMÁTICA: INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

PROFESORADO ASISTENTE: CARMEN E CRISTINA

VER PUBLICACIÓN

 

MARZO 2022: LIMERICK, IRLANDA

TEMÁTICA: MULTILINGÜISMO, CLIL E INCLUSIÓN EDUCATIVA

PROFESORADO ASISTENTE: CARMEN E ENCARNA

VER PUBLICACIÓN

 

OUTUBRO 2022: NÚREMBERG, ALEMAÑA

TEMÁTICA: LIDERADO E XESTIÓN PARA DIRECTORES/AS

PROFESORADO ASISTENTE: MARISOL

VER PUBLICACIÓN

 

 

DECEMBRO 2022: REGGIO EMILIA, ITALIA 

TEMÁTICA: O ENFOQUE PEDAGÓXICO REGGIO EMILIA

PROFESORADO ASISTENTE: MIGUEL

VER PUBLICACIÓN

 

SETEMBRO 2023: BUDAPEST, HUNGRÍA

TEMÁTICA: BLENDED LEARNING (ENSINANZA MIXTA)

PROFESORADO ASISTENTE: MARISOL

VER PUBLICACIÓN

 

  

 

 

Tags:

Na seguinte presentación pódese ver un resumo das actividades levadas a cabo na mobilidade de profesorado a Hungría, o pasado mes de setembro, enmarcada dentro do proxecto Erasmus+ "Blended Learning For All", no que está a participar o CEIP Francisco López Estrada, con socios de Hungría, Turquía e Portugal, e baixo a coordinación do CFR de Ferrol

 

EN QUE CONSISTE O PROXECTO BLENDED LEARNING FOR ALL?

Segundo o Plan de Acción Dixital, a pandemia COVID-19 revelou un número de retos para os sistemas educativos referentes ás capacidades dixitais na educación.

Este cambio destapou xeitos novos e innovadores tanto para os estudantes como para os educadores, novas ferramentas e actividades dixitais que permiten interactuar nun xeito máis persoal e flexíbel en liña.

Estes cambios piden un esforzo rexo e coordinado dos sistemas educativos a nivel europeo, para afrontar os retos xurdidos pola pandemia, mentres responden a unha visión a longo prazo na educación dixital europea.

O método Blended Learning (b-learning), é un enfoque de aprendizaxe que combina a formación presencial con ferramentas dixitais e actividades de aprendizaxe en liña. A diferencia da aprendizaxe totalmente en liña, a parte online da formación non reemplaza as clases cara a cara cun mestre. Os docentes incorporan a tecnoloxía para mellorar a experiencia de aprendizaxe e ampliar a comprensión de certos temas. Pódese dicir que é un método de ensinanza híbrida ou mixta, que incorpora o mellor da ensinanza presencial e dixital para aumentar a calidade no proceso de aprendizaxe. 

A principal vantaxe é que permite unha rutina de estudo máis flexible para o alumnado, pero sen abandoar todo o que ofrece o modelo tradicional. Ademais, a incorporación de ferramentas dixitais nas aulas aumenta significativamente o grao de motivación e participación das nenas e nenos.

É por isto que o profesorado precisa ser formado para poder aplicar metodoloxías innovadoras e integrar de forma eficiente as tecnoloxías no proceso de ensinanza.

Neste proxecto, os/as docentes participantes temos a oportunidade de observar en primeira persoa o traballo nas aulas doutros profesores/as en Europa, e compartir experiencias e ideas cos compañeiros e compañeiras dos países participantes (elaboración dunha guía conxunta, deseño de lesson plans, recomendacións de ferramentas dixitais, etc).

Tags:

O CEIP Francisco López Estrada en Colaboración co CFR de Ferrol desenvolveu un programa de inmersión e formación do profesorado na rede do sistema educativo "Erasmus+". Este plan ten como finalidade ampliar os coñecementos do profesorado no ámbito europeo, conectándoo con outras escolas e realidades que achegan ferramentas de traballo innovadoras e xenera novas visións dentro da comunidade educativa. 

En representación do noso colexio foron as profesoras Cristina Iglesias e Carmen García, que previamente asistiron a un curso de perfeccionamento e inmersión da lingua inglesa para poder desenvolver o proxecto nas mellores condicións posibles. 

A experiencia formativa do Erasmus+ componse dunha serie de apartados complementarios. Un dos máis importantes é a formación e perfeccionamento do profesorado na lingua inglesa. Na foto superior vemos reunidos a todos os profesores que participaron, entre eles Cristina e Carmen. 

A segunda liña de traballo do Erasmus+ desenvólvese directamente nos centros educativos da cidade anfitrioa, neste caso diferentes colexios e escolas da área de Cardiff. Estas visitas son unha gran fonte de recursos e ideas para o desenvolvemento de diferentes actividades na nosa escola. O acceso a diferentes metodoloxías, sistemas de traballo, murais, exposicións, plans pedagóxicos, etc... achégase aos colexios de orixe para que se implanten nas diferentes áreas, mellorando e repercutindo na calidade da nosa educación.

Os murais son unha gran fonte de inspiración, xa que recollen metodoloxías e proxectos levados a cabo nos centros de Cardiff. 

Os recursos abarcan todas as áreas, tamén a de plástica. Os traballos realizados polo alumnado de Cardiff son dunha gran calidade.

 

Ademais da formación e as visitas aos colexios, outra parte importante do proxecto Erasmus+ é a inmersión na sociedade e cultura do país anfitrión. Nas horas libres e de lecer as nosas dúas profesoras percorreron as rúas de Cardiff e disfrutaron de diferentes visitas culturais.

O castelo no centro da cidade é un punto de referencia imprescindible. 

A Baía de Cardiff, que é a zona de restauración da cidade, presenta unha oferta gastronómica de ámbito internacional.

O edificio Pierhead, un dos máis emblemáticos da baía.

A participación nos plans europeos de formación do profesorado supón unha mellora na calidade de ensino dos nosos centros, ademais dunha experiencia persoal de gran valor. Desde o CEIP Francisco López Estrada agradecémoslle ás profesoras Carmen e Cristina a súa boa disposición para participar no Erasmus+, así como ao CFR de Ferrol por facilitarnos esta experiencia formativa.

 

 

Distribuir contido