Responder ó comentario

Tags:

Na seguinte presentación pódese ver un resumo das actividades levadas a cabo na mobilidade de profesorado a Hungría, o pasado mes de setembro, enmarcada dentro do proxecto Erasmus+ "Blended Learning For All", no que está a participar o CEIP Francisco López Estrada, con socios de Hungría, Turquía e Portugal, e baixo a coordinación do CFR de Ferrol

 

EN QUE CONSISTE O PROXECTO BLENDED LEARNING FOR ALL?

Segundo o Plan de Acción Dixital, a pandemia COVID-19 revelou un número de retos para os sistemas educativos referentes ás capacidades dixitais na educación.

Este cambio destapou xeitos novos e innovadores tanto para os estudantes como para os educadores, novas ferramentas e actividades dixitais que permiten interactuar nun xeito máis persoal e flexíbel en liña.

Estes cambios piden un esforzo rexo e coordinado dos sistemas educativos a nivel europeo, para afrontar os retos xurdidos pola pandemia, mentres responden a unha visión a longo prazo na educación dixital europea.

O método Blended Learning (b-learning), é un enfoque de aprendizaxe que combina a formación presencial con ferramentas dixitais e actividades de aprendizaxe en liña. A diferencia da aprendizaxe totalmente en liña, a parte online da formación non reemplaza as clases cara a cara cun mestre. Os docentes incorporan a tecnoloxía para mellorar a experiencia de aprendizaxe e ampliar a comprensión de certos temas. Pódese dicir que é un método de ensinanza híbrida ou mixta, que incorpora o mellor da ensinanza presencial e dixital para aumentar a calidade no proceso de aprendizaxe. 

A principal vantaxe é que permite unha rutina de estudo máis flexible para o alumnado, pero sen abandoar todo o que ofrece o modelo tradicional. Ademais, a incorporación de ferramentas dixitais nas aulas aumenta significativamente o grao de motivación e participación das nenas e nenos.

É por isto que o profesorado precisa ser formado para poder aplicar metodoloxías innovadoras e integrar de forma eficiente as tecnoloxías no proceso de ensinanza.

Neste proxecto, os/as docentes participantes temos a oportunidade de observar en primeira persoa o traballo nas aulas doutros profesores/as en Europa, e compartir experiencias e ideas cos compañeiros e compañeiras dos países participantes (elaboración dunha guía conxunta, deseño de lesson plans, recomendacións de ferramentas dixitais, etc).

Responder