PLAN PROXECTA+

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º EP partocipou, o pasado 2 de febreiro, na fase local de cross escolar nas Pontes de García Rodríguez, dentro do programa XOGADE.

Os obxectivos desta actividade son:

- Fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable.

- Difundir os valores da competición dende unha perspectiva máis regrada.

- Facilitar a práctica nunha modalidade de gran tradición histórica en Galicia. 

 

O mércores pasado achegámonos a Ladrido onde as guías Loli e Nela nos ensinaron moitas cousas interesantes da zona intermareal.
Aprendimos máis sobre as mareas, a importancia das rías, a súa gran biodiversidade e as adaptacións á vida na intermareal.
Podedes ver máis imaxes na nosa galería.
 
 Agradecemos a Ferroglobe Cuarzos Industriales por financiar esta actividade.
 
 
 
 
 

 

 

Un dos nosos obxectivos e concienciar ás futuras xeracións da importancia de coidar o medio ambiente. Neste senso, este curso programáronse diversas actividades como unha excursión á praia de Esteiro para recoller lixo, que tivo lugar en marzo, ou unha saída á praia de Xilloi coa asociación Nordés, que se realizará en xuño e da que pronto vos informaremos con detalle. 

 

Nesta mesma liña, o obxectivo deste reto é fomentar a creatividade e conciencia ambiental das nenas e nenos, a través da elaboración de artesanías coas súas familias utilizando materiais de refugallo.

 

 

O desafío consiste en elaborar unha artesanía que teña unha función práctica ou decorativa, utilizando material de refugallo. A idea é que os participantes transformen materiais que normalmente se consideran lixo en algo útil e/ou fermoso.

 

Os materiais  poden ser moi variados, dende botellas de plástico, cartón, papel, latas, ata téxtiles, madeira, entre outros. A creatividade dos participantes non ten límites, poden utilizar os materiais que teñan á súa disposición na casa, na escola ou na súa comunidade.

 

Duración do desafío: aproveitando que o 8 de xuño é o Día Mundial dos Océanos, escóllese ese día como data límite. Nestas semanas, os participantes poderán elaborar as súas creacións e traelas ao colexio onde se irán expoñendo. 

 

 

Todos os participantes recibirán un pequeno agasallo ao finalizar o reto.

 

Estamos desexando ver as vosas obras de arte!

 

 

 

Lembrade que estes retos son sempre voluntarios e teñen a principal finalidade de facer que nenas e nenos pasen tempo realizando actividades creativas e divertidas coas súas familias.

 

Distribuir contido