DIGICRAFT

Tags:

Este curso o noso centro foi admitido para participar no programa de innovación educativa DIGICRAFT NO TEU COLE.

Dito programa está impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o seu obxectivo é axudar ás nenas e nenos a adaptarse a unha sociedade dixital en rápida evolución e mostrarlles as posibilidades que o mundo dixital ofrece, a través do xogo e a experimentación.

 

 

En que consiste: 

O proxecto "Digicraft no teu cole" é  unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Amtega e a Fundación Vodafone España que ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento da competencia dixital na infancia e xuventude, a través dun Programa de formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas dirixidas a alumnado de educación primaria, facilitando aos centros a dispoñibilidade de: 

  • Formación para o profesorado participante co obxecto de impartir o programa nas aulas.
  • Acceso aos materiais descargables para o desenvolvemento das actividades recollidas no programa.
  • Dotación de material para cada centro, que permita aos docentese alumnado levar a cabo as actividades establecidas.

 

Esta semana xa recibimos o noso  KIT TECNOLÓXICO DIGICRAFT con todo o material necesario para levar a cabo o proxecto en canto o profesorado participante reciba a formación.

Distribuir contido