O NOSO CENTROBIBLIOTECA ESCOLARCALENDARIOA NOSA MASCOTAACTUALIDADE EDU.XUNTA
Iniciar sesión |
DIGICRAFT NO NOSO COLEEste curso o noso centro foi admitido para participar no programa de innovación educativa DIGICRAFT NO TEU COLE. Dito programa está impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o seu obxectivo é axudar ás nenas e nenos a adaptarse a unha sociedade dixital en rápida evolución e mostrarlles as posibilidades que o mundo dixital ofrece, a través do xogo e a experimentación.
En que consiste:
O proxecto "Digicraft no teu cole" é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Amtega e a Fundación Vodafone España que ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento da competencia dixital na infancia e xuventude, a través dun Programa de formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas dirixidas a alumnado de educación primaria, facilitando aos centros a dispoñibilidade de:
Esta semana xa recibimos o noso KIT TECNOLÓXICO DIGICRAFT con todo o material necesario para levar a cabo o proxecto en canto o profesorado participante reciba a formación.
|