ETWINNING

Tags:

Este ano, unha das liñas do noso Plan de Formación Permanente do Profesorado foi a internacionalización e comunicación con centros educativos de toda Europa. Agora formamos parte da comunidade eTwinning , que ofrece unha plataforma aos equipos de docentes dos centros escolares europeos participantes, para comunicarse, colaborar, desenvolver proxectos e compartir. 

Esta é a nosa primeira colaboración no proxecto creado por outro centro no que están a participar diversos centros de Europa: "Cadena de hoteles de insectos". O proxecto pretende crear unha situación de aprendizaxe basada na construción dun hotel de insectos (en cada centro) e a observación sistemática da colonización e hábitos dos seus habitantes, optimizando o protagonismo dos alumnos e o seu empoderamento na toma de decisións e desenvolvemento do seu traballo.

Distribuir contido